mércores, 24 de abril de 2019

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Chegaron xa as recomendacións de Lectura do alumnado do CEIP Canosa Rus.
Unha boa maneira de celebrar o 23 de abril.


martes, 23 de abril de 2019

CARTA DE FIDALGO


As nosas recomendacións

Cada nena e neno do colexio escribiu unha carta postal para recomendar o noso libro favorito a outro alumnado do Colexio de Canosa - Rus.
Aproveitamos o día Mundial do Libro para enviarllas, e quedamos á espera das súas.


Semana do Libro na Biblioteca Rego da Balsa

Como cada ano participamos na Semana do Libro que organiza o Concello, con exposicións e actividades.
Tamén levamos os nosos traballos á exposición, aquí podedes ver algúns deles.














xoves, 4 de abril de 2019

SAÍDA A PONTE LUBIÁNS

ZOQUEANDO POR PONTE LUBIÁNS from Segundo Ciclo on Vimeo.

.....E AGORA TOCA INVESTIGAR

CONTACONTOS

No mes de abril e maio haberá Contacontos os recreos dos xoves na Biblioteca para quen queira participar.
Anunciarase con carteis na porta da Biblioteca.
Estas son as fotos das primeiras sesións, con gran éxito de público.








mércores, 27 de marzo de 2019

ZOQUEANDO ATA PONTE LUBIÁNS

Seguimos Zoqueando por Carballo, e achegámonos agora ao seu límite co Concello de Coristanco para coñecer unha ponte do tempo dos romanos. Aquí tedes unha guía para investigar na biblioteca ou na internet.

Zoqueando Lubiáns by Equipo Biblioteca on Scribd

xoves, 7 de marzo de 2019

8 M Día da Muller

Velaquí está o cartel que fixo un grupo de alumnado de 5º e 6º nivel para presentar a un concurso sobre a Igualdade. 
Non gañaron, pero hai que ver que chulo quedou. 



martes, 5 de marzo de 2019

ANTROIDO 2019

E foi festa rachada. Grazas por compartir o día con nós as familias que alí estivestes, e a todas as que contribuistes con doces . Que bos estaban!!!! Tamén nos gustou moito a compañía do alumnado de Aspaber e algúns dos seus prof@s. Volvede pronto!