luns, 23 de marzo de 2020

FIDALGO RECOMENDA UN POEMA E UN CONTO

O sábado 21 de marzo foi o Día da Poesía e o Día Mundial do Síndrome de Down, así que hoxe veño recomendarvos dúas cousiñas:

Por unha banda un vídeo que nos enviou unha amiga, Marga Sampaio, e que tamén é mestra. Nel lenos un poema de Gianni Rodari que está escrito en italiano. Veredes canto agrada aos oidos!! Non teredes ningunha dificultade para entendelo. Graciñas Marga por este agasallo tan fermoso.



A segunda recomendación é un conto. Titúlase Por cuatro esquinitas de nada e faravos reflexionar sobre o valor da diferenza. Cando volvamos ao cole poderedes collelo emprestado na biblioteca ou lelo alí. Mentres tanto, podederedes escoitalo nas vosas casas a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

Imaxe extraída de internet

Boa escoita! E lembrade que
"as fortalezas están nas nosas diferenzas, non nas nosas similitudes". (Stephen Covey)


Un saúdo,

Fidalgo.

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN 6.ºEP

A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para o alumnado de 6.º de educación primaria.

Descargar

sábado, 21 de marzo de 2020

NOVO BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Hoxe estamos de estrea!! O departamento de orientación do noso cole aproveita esta data tan especial para inaugurar o seu blog "Zoqueando á par": https://zoqueandoapar.blogspot.com/ Sabedes a que data nos referimos? Sii, acertaches, hoxe é o Día Mundial do Síndrome de Down.

Aproveitamos para recomendarvos o libro Tengo Síndrome de Down do que dispoñemos na biblioteca. Tamén o podedes escoitar na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=0kd-V4JX0-g


ACTIVIDADES DE RELIXIÓN 5.º EP

A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para o alumnado de 5.º de educación primaria.

Descargar

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN 4.ºEP

A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para o alumnado de 4.º de educación primaria.

Descargar

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN 3.ºEP

A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para o alumnado de 3.º de educación primaria.

Descargar

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN 2.º EP


A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para o alumnado de 2.º de educación primaria.

Descargar

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN 1.ºEP

A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para o alumnado de 1.º de educación primaria.

Descargar

CADERNOS PARA TERCEIRO E CUARTO NIVEL

Aquí podedes atopar os cadernos para Lingua, Lengua e Matemáticas para o terceiro e cuarto nivel.
As profes Aurora e Ana iranvos dicindo polo medio habitual as actividades que tedes que facer.
LENGUA TERCEIRO
LENGUA CUARTO 

MATEMÁTICAS TERCEIRO
MATEMÁTICAS CUARTO

LINGUA CUARTO

E un conto, para ler  (preme na imaxe)

Ou para escoitar

mércores, 18 de marzo de 2020

TAREFAS 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Boas tardes familias e alumnado de 6.º de Educación Primaria! Deixámosvos aquí as tarefas a facer durante estes días que estamos na casa para repasar o que estivemos vendo na clase.

Moito ánimo!!