martes, 21 de abril de 2020

ANÁLISE DE FOTOGRAFÍAS 3

Xa estamos a mércores, o terceiro día de análise de fotografías!! Estavos a gustar a reflexión sobre elas?? 📷📷




Un saúdo,
Fidalgo.

luns, 20 de abril de 2020

ANÁLISE DE FOTOGRAFÍAS 2

Continuamos coa análise de fotografías de persoas lendo.




Un saúdo,
Fidalgo.






TAREFAS DE INGLÉS PARA 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Boa tarde! O profe César envía as seguintes tarefas de inglés para o alumnado de 6.º de Educación Primaria.

ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

 Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 20 ao 24 de abril. Moito ánimo!!

domingo, 19 de abril de 2020

ANÁLISE DE FOTOGRAFÍAS 1


Como saberedes, o 23 de abril  celébrase o Día Internacional do Libro e os Dereitos de autor pero ímoslle dedicar toda a semana a esta temática.

No CEIP Xesús San Luís Romero, o proxecto da biblioteca deste ano trata sobre a fotografía e antes do confinamento estabamos a traballar a biografía de varias fotógrafas que fixeron historia. Así, neste día queremos achegarvos a obra de varios fotógraf@s que inmortalizaron, co seu obxectivo, o marabilloso momento lector de diversas persoas.

De entre todos eles e elas, seleccionei unhas cantas fotos para que as observedes con detemento e vos fagades algunhas preguntas. Animádesvos a compartir connosco as respostas??



Agora anímovos a que saquedes unha foto lendo un libro 📷 enviádenola por correo e, cando volvamos ao cole, faremos un libro con elas. Gardarémolo na nosa biblioteca e titularémolo "Lecturas no confinamento".

Un saúdo,
Fidalgo.

venres, 17 de abril de 2020

O AGASALLO

Ola raparigos e raparigas!! Hoxe veño recomendarvos unha curtametraxe que me encanta polos valores que transmite. Titúlase "O agasallo" e trata dun neno que ten un problema e a súa familia regálalle un canciño que tamén o ten. Con el aprenderá a aceptarse a sí mesmo e a valorar a importancia das pequenas cousas. Premede na imaxe para acceder a el e veredes que fermoso 💓

The Present (El regalo) Cortometraje Animado en español 🎬🎁 - YouTube

Boa fin de semana!! Non esquezades dedicarlle un pouquiño de tempo á lectura.
Fidalgo.





xoves, 16 de abril de 2020

XOVES POÉTICO CON GLORIA FUERTES

Bo xoves nenas e nenos!! Que tal vai esta primeira semana á volta das vacacións?? Hoxe é xoves poético, igual que os xoves no colexio. Tráiovos dous poemas de Gloria Fuertes. Sabedes quen é??  Vouvos contar neste pequeno cartel que fixen, mais seguro que xa a coñecedes porque algunha aula xa traballou sobre ela en cursos anteriores.



Agora déixovos estes dous poemas da autora para gozar deles neste xoves.

Poema titulado “Parejas”
Cada abeja con su pareja.
Cada pato con su pata.
Cada loco con su tema.
Cada tomo con su tapa.
Cada tipo con su tipa.
Cada pito con su flauta.
Cada foco con su foca.
Cada plato con su taza.
Cada río con su ría.
Cada gato con su gata.
Cada lluvia con su nube.
Cada nube con su agua.
Cada niño con su niña.
Cada piñón con su piña.
Cada noche con su alba.


Abeja Dibujos Animados Bumble - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

Poema titulado “La gallinita”

La gallinita,
en el gallinero,
dice a su amiga
-Cuánto te quiero.

Gallinita rubia
llorará luego,
ahora canta:
-Aqui te espero...

"Aqui te espero,
poniendo un huevos",
me dio la tos
y puse dos.

Pensé en mi ama,
¡qué pobre es!
Me dio penita...
¡y puse tres!

Como tardaste,
esperé un rato
poniendo huevos,
¡y puse cuatro!

Mi ama me vende
a doña Luz.
¡Yo con arroz!
¡qué ingratitud!
La Gallina Corte Cortada - Imagen gratis en Pixabay

Se vos animades a recitar algún deles (ou calquera outro que vos guste) e queredes compartilo connosco no blog, enviádenos un vídeo ou audio por correo. Tamén podedes facer un debuxo sobre os poemas.

Un saúdo,
Fidalgo.



mércores, 15 de abril de 2020

UN MESMO CORAZÓN


Bo día nenas e nenos!! Estas vacacións de Semana Santa tiven a sorte de escoitar a canción “Un mismo corazón” de Marta Sánchez. Coñecédela?? Convídovos a que a escoitedes porque, ademais, contribúe a unha boa causa: con cada descarga estaremos doando unha máscara. Premede na imaxe e accederedes a ela.

Coronavirus| Marta Sánchez presentó "Un mismo corazón" con la ...


Agora vouvos propoñer que lembredes algúns momentos que compartimos xunt@s no cole, como os talleres que realizamos para o Día dos Namorados onde faciades postais, corazóns de papiroflexia…

Intentade facer unha tarxeta para darlle a alguén especial cando saiamos do confinamento; a única condición é que ten que ter, polo menos, un corazón. O resto déixoo en mans da vosa creatividade e imaxinación. Aquí tedes unhas fotiños do taller do cole:





Tamén vos deixo uns vídeos para que fagades diferentes corazóns de papiroflexia. Ide premendo nas imaxes.



E aquí un vídeo en lembranza do taller de papiroflexia que fixemos no cole:

Mandádeme fotos ao correo, estarei encantado de velas!! 👀 A ver se entre tod@s conseguimos encher este blog de corazóns, de palabras fermosas que seguro nos sacarán un sorriso nestes días tan complicados 💓💕💖💗💘💙💚💛💜💝💞💟

Un biquiño,
Fidalgo.





TAREFAS DE RELIXIÓN 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día nenas e nenos de 6.º de educación primaria!! A profe Alicia envíavos as seguintes tarefas de relixión para esta semana.

martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 13 ao 17 de abril. Moito ánimo!!

Descarga