luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe tamén vos traio unha noticia ou máis ben, un notición 😊 Xa saíu á luz o material que titulamos Recordando Carvalho Calero e co que o noso centro resultou gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020.

Velaquí tedes o material para traballar sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero.

CARTEIS

Como veredes, nos carteis inclúense uns códigos QR. Para acceder ao seu contido, tedes que descargar no voso móbil ou tablet un lector de códigos QR. Unha vez o teñades instalado é moi sinxeliño de usar: escaneádeos coa cámara e levaranvos a diferentes imaxes interactivas e lecturas dos carteis.

GUÍA DIDÁCTICA


SYMBALOO DE RECURSOS


Agardo que sexa de interese para todos e todas o material que elaboramos con tanto agarimo para conmemorar a don Ricardo.

Un saúdo,
Fidalgo.




ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 11 ao 15 de Maio. Moito ánimo!!

LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR

Bo día raparigos e raparigas!! Que tal vos foi a fin de semana? Descansastes?? Estades preparados/as para afrontar esta nova semana??

Veña, se estades listos arrincamos!! 😃 Hoxe veño recomendarvos un conto titulado Las jirafas no pueden bailar. Coñecédelo?? Seguro que si, pois témolo na biblioteca.


Gozade da súa lectura e escoita. Se alguén se anima a enviar un vídeo explicando de que trata, por que lle gustou... estarei encantado de recibilo!! Publicareino no blog para que o vexan os vosos compis que seguro vos botan moito de menos 😉

Un saudiño,
Fidalgo.





sábado, 9 de maio de 2020

COA INSPIRACIÓN DE ROMERO BRITTO...

Hoxe un dos vosos amiguiños de 5º de EP animouse a recrear a obra de Romero Britto que vos ensinei no reto do 29 de Abril!!! Mirade que ben lle quedou!!! Parabéns!!!😍

Esteban



venres, 8 de maio de 2020

O CIRCO DAS BOLBORETAS

Bo día!! Chegamos ao final da semana e veñen por diante dous días para que recarguedes enerxía. Hoxe veño recomendarvos unha curtametraxe titulada "El circo de las mariposas". Trata dun home con Síndrome de Treta-amelia, que se caracteriza pola carencia de extremidades. Veredes que é todo un exemplo de superación e actitude positiva ante a vida.


"A discapacidade non te define. Defínete o que fas fronte aos desafíos que a discapacidade che presenta" Jim Abbott.

Un saúdo e boa fin de semana,
Fidalgo.

xoves, 7 de maio de 2020

POEMA "O MEU BARCO"

Bo día a todas e todos!! Hoxe é xoves, sabedes que significa iso?? Siii... acertastes!! É xoves poético, é dicir, día de ler un poema. Neste caso tráiovos o titulado "O meu barco" que se atopa recollido no libro Os soños na gaiola de Manuel María.


Déixovos esta versión onde o poema está musicado por Suso Vaamonde. Escoitádeo, veredes que fermoso 😊😀😍


Un saúdo,
Fidalgo.



mércores, 6 de maio de 2020

A BUSCA DO TESOURO

Bo mércores!! Que tal andades?? Eu ben, aínda que hoxe levanteime con ganas de facervos pensar un pouquiño jijiji 😄😄 Estades preparados/as??

Hoxe tráiovos unha busca do tesouro na vosa illa particular, a vosa casa. Primeiramente debe comezar a traballar a vosa familia. Pedídelle que vos agoche un libro ou un obxecto nun recuncho da vosa casa e que vos faga un mapa dela e da situación da pistas.


Unha vez feito isto, comeza o voso traballo. Tedes por diante unha nova aventura sen saír da casa. Localizaredes o tesouro???

Enviádeme vídeos da aventura 📷📷 encantaríame velos!!

Un saúdo aventureiro,
Fidalgo.

martes, 5 de maio de 2020

TAREFAS DE INGLÉS PARA 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bos días! O profe César envía as seguintes tarefas de inglés para o alumnado de 6.º de Educación Primaria.

Bos días, os deberes de Inglés son os seguintes:

A) Imos utilizar un diagrama de Venn e a nosa cabeciña.
Pásovos un nun documento aparte para que sepades como é, pero podedes buscar outro ou debuxalo vos mesmos, se o preferides; seguro que vos sae ben bonitiño.


Debedes poñer no círculo da esquerda:
Palabras en inglés que fagan referencia só a deportes acuáticos (ex.: Need a swimming pool). Entre 3 e 5.
Debedes poñer no círculo da dereita:
Palabras en inglés que fagan referencia só a deportes terrestres (ex.: Don´t need a swimming pool ). Entre 3 e 5.
Debedes poñer no medio, onde os dous círculos tócanse:
Palabras en inglés que fagan referencia a cousas que podan referirse tanto a deportes acuáticos coma a terrestres (ex.: Can be dangerous, pois en ambos casos poden ser perigosos). Entre 3 e 5.
Podedes utilizar o libro como axuda.




B) Debedes pensar ou buscar (no libro, por exemplo):
3 palabras que teñan dúas letras.
3 palabras que teñan tres letras.
3 palabras que teñan catro letras.
3 palabras que teñan cinco ou seis letras.
Cando as teñades debedes escribir tres frases que teñan sentido (poden ser curtas) utilizando exclusivamente as palabras que escolléchedes.

ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 5 ao 8 de Maio. Moito ánimo!!

PEQUENOS ENXEÑEIROS/AS

Bo día a todos e a todas e bo mes de maio 😊 A última vez que andiven por aquí era abril e agora... xa é maio!! Agardo que esteades todos e todas ben, que esteades a aproveitar os paseos pero sen esquecervos de tomar as medidas de seguridade que corresponden.

Hoxe tráiovos unha proposta que seguro vos vai gustar. Ídesvos converter en enxeñeiros/as 😉

Que precisades?
  • Depresores.
  • Cubos de madeira ou pezas de calquera outro tipo.
  • Vasos de plástico.

Que ides facer? Realizar diferentes construcións empregando os materiais propostos. Velaquí tedes os diferentes desafíos:

DESAFÍO 1. Construír unha estrutira cun cubo como base.

DESAFÍO 2. Construír a estrutura máis alta posible.

DESAFÍO 3. Fai unha estrutura con algún elemento que sobresaia. Intentade manter o equilibrio!

DESAFÍO 4. Construír unha estrutura cun vaso de plástico como base.


En marcha pequenos enxeñeiros/as😀😁

Un saúdo,
Fidalgo.