luns, 18 de maio de 2020

TAREFAS INGLÉS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA



Bo día!! O profe César envía estas tarefas de Inglés para o alumnado de 6º de Educación Primaria. Moito ánimo!!

Bos días:
A) Imos facer un collage, que consiste en coller unha foto (mellor en color) dunha revista ou periódico, por exemplo, e engadirlle a cara, os brazos, pernas, etc…ou calquera outro detalle (un gorro, gafas, unha ferramenta…) doutra persoa para facelo gracioso; tamén podedes poñerlle a vosa cara cunha foto tipo carnet, se queredes. Podedes colgalas na blog cando rematedes e, canto máis ridícula, mellor.




Logo, a parte de inglés consiste en escribir información básica sobre a persoa, criatura ou mounstro que creáchedes.
Para iso usaremos as frases básicas do outro día.
Por exemplo, podedes inventar un nome e poñer:
Hello, my name is Frankristopher, I´m ten years old, I´m short and I like cars…
Debedes escribir, mínimo, sete frases curtas e, coma sempre, se necesitades axuda primero pensade ben o que queredes decir, confiade en vos e usade a cabeciña  e máis o diccionario ou o traductor, se é necesario.
A ver quen fai o ser máis divertido, vale?.
Ao final vos mando varios exemplos, espero que vos gusten:

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, ben sinxelas (unha delas é, precisamente, para repasar a información que debedes usar no collage).

Non esquezades que tedes acceso os libros dixitais, onde podedes facer as actividades que queirades e que inclúen as despostas para que podades comprobar os resultados.
Xa aceptei a aqueles de vos que se apuntaron, pero cabemos todos!.
E non deixedes de visitar as páxinas dos xogos, que algún de vos xa me enviou algún vídeo xogando e, dende logo, ben divertido é…




ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 18 ao 22 de Maio. 
Moito ánimo!!

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE IV

Bo día!! Onte, 17 de maio, foi o día grande, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Comeza unha nova semana e, con ela, continuamos camiñando polos dez carteis da exposición Recordando Carvalho Calero. Estades listos? Pois... arrincamos!! 🚀

Hoxe facemos unha parada no cartel 4 titulado "Privado de liberdade". Se premedes nel podedes acceder a un vídeo sobre a súa lectura.

Agora imos facer unha reflexión guiada sobre el:

😥 Que vos transmite? Tristeza, alegría...

⛔ Que lle aconteceu nesa época a don Ricardo?

💭 Credes que nesta época don Ricardo tiña pensamentos positivos ou negativos?


Ahh!! Que queredes saber máis deste cartel?? Accedede á seguinte ligazón e atoparedes unha imaxe interactiva na que, pinchando nas diferentes mans de cor lila, teredes máis información:

Agardo que vos gustase.
Fidalgo.



domingo, 17 de maio de 2020

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é 17 de maio, o gran día, o Día das Letras Galegas. Como sabedes, este ano dedícaselle a Ricardo Carvalho Calero. Velaquí vos deixamos unha presentación sobre a súa vida e obra e dúas actividades interactivas para comprobar canto sabedes del. Animádesvos? 💪💪



XOGO INTERACTIVO "QUEN DI A VERDADE?"

XOGO INTERACTIVO "QUE SABEMOS SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO?"


Todo este material foi feito no cole. Agardamos que vos guste 😀

venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE III E DÍA DA FAMILIA

Bo venres a todos e a todas!! Chegamos ao final desta semana pero non queremos rematala sen amosarvos o cartel 3 da exposición Recordando Carvalho Calero.
Fixástesvos que en cada un dos carteis hai dous códigos QR? Para acceder á información que conteñen cómpre descargar no voso móbil ou tablet un lector de códigos QR. Unha vez o tedes instalado, enfocádelos coa cámara e... listo!! Xa vos leva á páxina correspondente 😊

Por se vos é máis sinxelo, déixovos a ligazón que inclúen os códigos deste cartel:
Descubrirades isto nos dous anteriores??


Agora unhas preguntiñas de comprensión deste cartel para comprobar que estivestes moi atentos/as á súa lectura:

✨Con que persoas importantes estivo en contacto don Ricardo?

✨Cales son as súas facetas profesionais?

✨Indica tres adxectivos que o definen.


------------------------------------------------------------

Como sabedes, hoxe 15 de maio, celébrase o Día da Familia 💓 As nenas e nenos do CEIP Xesús San Luís Romero temos preparada para vós unha pequena sorpresa, agardamos que vos guste. Estade atentas 👀



Queremos mandarvos unha mensaxe de agradecemento polo inmeso traballo que estades a facer en momentos tan difíciles coma estes, sen vós nada disto sería posible 😍

Agora, deixámosvos unha serie de libros que tratan sobre a diversidade familiar 🌈 Pinchade nas imaxes para acceder aos contos e vídeos. Agardamos que gocedes da súa lectura 😊

El libro de familia












Familias. La mía, la tuya y la de los demás



Mi familia y algunas otras

Familias por Oh! Mami Blue



La mejor familia del mundo



Un puñado de botones


Nicolás tiene dos papás


“Hai tantas familias como formas de amar” Oh! Mami Blue

Boa fin de semana,
Fidalgo.







xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020- PARTE II

Bo día amiguiños e amiguiñas!! Aquí estamos no segundo día sobre o traballo de Ricardo Carvalho Calero. Que tal vos resultou a proposta de onte?? Lendo a súa biografía, que datos novos aprendestes sobre este autor?

Hoxe preséntovos o cartel 2.
Agora convídovos a realizar unha proposta que se atopa no Portal da Lingua Galega. Velaquí está explicado o que hai que facer.

Quen se anima co reto #unpoemadecarvalho?? 💪💪 Na guía tedes diferentes poemas. Premede na seguinte ligazón que vos levará á entrada onde está publicado todo o material: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/05/semana-das-letras-galegas-2020.html Enviádenos os vosos videopoemas e publicareinos no blog, que ilusión!! 😍

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os que non enviastes o vídeo para o Día da Familia, tedes ata o mediodía para facelo. Agardamos algúns máis 😀 Animádevos!!

Un saúdo amiguiños e amiguiñas,
Fidalgo.






mércores, 13 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - PARTE I


Bo día rapazotes e rapazotas 😊 Que tal estades? Como sabedes, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e este ano homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero. Así que estes días imos traballar cos carteis da exposición coa que gañamos o Concurso-Exposición Letras Galegas 2020. Son actividades sinxeliñas para as que non empregaremos a guía didáctica que elaboramos no cole pois seguro que as súas tarefas xa volas envían as vosas titoras e titores.


Primeiramente imos coñecer ao autor homenaxeado. Velaquí tedes a súa biografía para ler.



Agora imos comezar a traballar co cartel 1. Observádeo con detemento.
Propóñovos que me enviedes unha fotografía 📷 onde recreedes un anaco deste cartel. A min ocorréuseme sacar unha foto cun carriño de bebé. Estou desexando velas!! Enviádeas ao correo electrónico ou a través dos vosos titores/as e faremos no blog unha pequena galería coas vosas fotos sobre este cartel 😀😊

Un saúdo, 
Fidalgo.




martes, 12 de maio de 2020

TAREFAS INGLÉS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe César envía estas tarefas de inglés para o alumnado de 6º de Educación Primaria. Moito ánimo!!

Bos días, os deberes de Inglés son os seguintes:
A) Imos facer un repasiño das frases básicas que facemos na aula, xa que non está de máis recordalas e porque a próxima semana vos poden ser útiles para a actividade que faremos.
Debedes escribir nunha libreta ou folla de papel as seguintes frases en galego e, o carón ou enbaixo, en inglés. Non teñen que estar perfectas, pero sí o mellor posible, dacordo?. Podedes, coma sempre, usar o libro, o dicionario ou internet para obter axuda; e lembrade que moitas delas xa as coñecedes por telas dito na aula e, nalgunhas clases, incluso as ditei o ano pasado.
Neste curso debedes copiar e traducir todas. A por elo, nenes!.
As frases son:
1 Hola                                       2 Bos días          
3 Cómo estás?                         4 Estou ben                      
5 Cómo te chamas?                 6 Chámome ...          
7 Cantos anos tes?                   8 Teño ... anos          
9 De onde es?                         10 Son de ...                              
11 Tes algún irmán ou irmá?    12 Teño ... irmán/irmá ou irmáns / Non teño 
13 Dime algo que che guste      14 Gústame ... 
15 Dime algo que non che guste 16 Non me gusta...
17 Qué vas ser de maior?            18 De maior vou ser ...




B) Debedes facer a ficha que vos envío nun documento pdf aparte.
Quen queira pode facer o resto das fichas do documento pdf que se chama “reinforcement and extension” (que o tedes na blog dende o primeiro día), que son das unidades 5 e 6: as páxinas son da 12 á 16 e máis da 25 a 29, aínda que son materia nova, tédeo en conta.
Lembrade que podedes visitar a edición dixital dos libros de clase: o Class book e máis o Activity book.

MÁIS RECREACIÓNS DO CADRO DE ROMERO BRITTO

Lembrades que no reto do 29 de abril había que recrear un cadro de Romero Britto?? Pois mirade que artistada tan fermosa fixo Anxo de 5.º de Educación Primaria. Moitas grazas!! 😍😀👏

A FRECHA MÁXICA

Bo día amiguiños e amiguiñas!! Que tal comezou este martes?? Hoxe tráiovos unha actividade de ciencia que vos fará pensar. É unha idea que atopei esta fin de semana na páxina web "ÁrbolABC". Neste caso é un experimento sobre a refracción da luz e chamámolo a frecha máxica ➡️⬅️.

Con este experimento que máis ben semella un acto de maxia, cambiaredes a dirección dunha frecha sen tocala!! Atrevédesvos??
La flecha mágica 1


Precisaredes:
  • Un vaso de vidro.
  • Auga.
  • Un papel co debuxo dunha frecha.



Pasos a seguir:

1. Debuxade unha frecha horizontal no papel e enchede o vaso con auga.

La flecha mágica 2

2. Sen perder de vista o vaso, suxeita o papel detrás deste e móveo lentamente cara atrás. Observade o que ocorre 👀 Notaredes que, ao acadar certa distancia, a frecha parece apuntar na dirección contraria como por arte de maxia!!

La flecha mágica 3

3. Volvede realizar o mesmo pero co vaso baleiro. Observaredes que non se produce un cambio na dirección na que apunta a frecha.

Agora a pensar: Por que ocurrirá isto?

Se xa pensastes, vouvos explicar o motivo. Agardo que non fagades trampas 🙊 Aínda que todo o que acaba de ocorrer pareza maxia, a resposta atópase na ciencia. Cando a luz pasa dun material a outro, pode dobrarse ou refractarse. Neste experimnento, a luz viaxou dende o aire, atravesando o vidro, logo a auga e a parte posterior do vidro. Finalmente, a luz volveu polo aire, antes de acadar a frecha.


👉AGORA UNHA CURIOSIDADE👈 Sabiades que as lentes das gafas funcionan grazas á refracción? As lentes son pezas de vidro que dobran os raios da luz o suficiente para enfocar as imaxes e permitir que as persoas que o necesitan, vexan correctamente 👓👀

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres celébrase o Día da Familia. Gustaríame que fixésemos un vídeo conxunto de todo o cole para dedicarlles unhas palabras ás persoas que tanto queremos. Que tedes que facer? Gravade un vídeo enviándolle unha mensaxe a alguén da familia que botedes de menos, dicindo por que queredes á vosa familia, que vos gusta facer con ela... Facédenolos chegar por correo electrónico (equipobibliosanluis@gmail.com) ou a través dos vosos titores/as. Tedes de prazo ata o xoves á mañá.
O venres publicaremos o resultado final. Animádevos!! 💓


Un saúdo,
Fidalgo.