xoves, 4 de xuño de 2020

O AR E O BICO

Bo xoves lectores e lectoras!! Que tal se hoxe lemos un poema? Velaquí tedes un titulado "O ar e o bico". Podedes atopalo no libro O libro dos bicos. Imos aló coa súa lectura.

O AR E O BICO

O ar
debuxa un corazón,
con flocos de cores.



O ar
recita un verso
con letras de gollas
no uni(verso).


Bico aireado
de melindre de mel.
Ata mañá.
Durme ben.



Bico mol
De ceo e limón.
Bos días.
Érguete sol.
                                      

Animádevos a recitar o poema e enviarme algún vídeo, anda!! Estarei encantado de velo 😍 e publicareino no blog 😀

Un bico aireado,
Fidalgo.





mércores, 3 de xuño de 2020

UNHA COLAXE PERSOAL

Bo mércores raparigos e raparigas!! Que tal ides de enerxía?? Hoxe tráiovos unha proposta artística de facer unha colaxe persoal.

Necesitades:

✂ Tesoiras.

📌Cola ou pegamento.

📎 Cinta adhesiva.

📜 Revistas vellas.


Que tedes que facer? Precisades un folio ou cartolina grande para elaborar unha colaxe persoal que ilustre, cos recortes das revistas, as contestacións a estas frases:
  • Os meus obxectos favoritos son...
  • Encántame...
  • Quero ser...
  • Polas tardes acostumo a...
  • Se puidera escoller un sitio ao que ir, iría a...
  • Ás veces síntome...
  • Quero aprender a...
  • Teño dificultades con...

Unha vez feito, podedes colgalo na habitación e, cando comecen as clases, compartilos cos demais compañeiros e compañeiras. Ahh, non vos esquezades de compartilo tamén con nós agora!! Se me enviades fotos 📷📷 publicareinas no blog.

Un saudiño,
Fidalgo.





martes, 2 de xuño de 2020

EFECTO ANTICONXELANTE

Que tal científicos e científicas do San Luís? Como levades as últimas semanas deste curso? 🙊

Hoxe tráiovos unha pregunta e unha explicación. Sabedes por que se bota sal nas estradas cando hai xeo ou neve? ⛄ Co seguinte experimento ides comprobalo. Animádesvos a poñelo en práctica? 💪💪


Se vos animades, enviádenos un vídeo voso explicando como fixestes este experimento e o que ocorreu 📷📷

Se xa rematastes o experimento, deixámosvos un vídeo onde se explica que ocorre 💧💦


Bo martes,
Fidalgo.

luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS INGLÉS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA


Bo día!! O profe César envía estas tarefas de Inglés para o alumnado de 6º de Educación Primaria. Moito ánimo!!


ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 1 ao 5 de Xuño. 
Moito ánimo!!
Tarefas

#DígochoEu

Bo comezo de semana a todos e a todas!! Hoxe tráiovos uns pequenos vídeos onde ensinan a empregar correctamente certos termos. Imos aló coa sección #DígochoEu da TVG 😊 Premede nas diferentes imaxes para acceder aos vídeos.







Saudiños,
Fidalgo.

venres, 29 de maio de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 6º PRIMARIA

Bo día!! O profe César envía estas tarefas de inglés para o alumnado de 6º de Educación Primaria. Moito ánimo!!