mércores, 13 de outubro de 2021

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS VOLCÁNS

Ola, lectores e lectoras da Bibliosanluís!! Que tal estades? Eu estou moi ledo, xa que comezo a ver as vosas cariñas pola biblioteca 😍 ademais, estades a facerme chegar xa algúns traballiños, que ilusión!!!

Desta volta, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil, queren compartir con nós unha nova aventura na que están inmersos. Sabedes o que están a traballar? Os volcáns. Se queredes seguir os pasos deste proxecto, estade atentos/as ao que publican nesta ligazón.

Quixeron informarse para dar resposta as súas inquedanzas e non dubidaron en vir á biblioteca en busca de libros sobre a temática 📚📚. Mirade, mirade 👀

Grazas por compartilo con nós!!



xoves, 23 de setembro de 2021

RESUMO DAS NORMAS DE ACCESO Á BIBLIOTECA

Usuarios e usuarias da biblioteca!! 📙📘📗📕 Botásteslle un ollo ao protocolo de acceso á Bibliosanluís para este curso 2021/2022?? Velaquí vos vai un pequeno resumo del.



Vémonos pronto,



PROTOCOLO DE ACCESO Á BIBLIOTECA

Velaquí vos deixamos o Protocolo de acceso á Bibliosanluís, co que se pretende salvagardar a saúde dos usuarios e usuarias da nosa biblioteca. Para que sexa máis accesible para todos e todas, tamén quedará pendurado na marxe dereita.

Un saúdo e moita saúde,

Fidalgo.



martes, 22 de xuño de 2021

REVISTA ESCOLAR E FIN DE CURSO

Queridas lectoras e lectores!! Hoxe poñemos punto final a este curso 2020/2021 que, sen lugar a dúbida, foi un curso ben diferente pero non por iso menos especial. Imaxino que xa lle botariades un ollo á revista "A voz do San Luís" que hoxe levastes para as vosas casas pero, igualmente, gustaríame deixala aquí de recordo.

Quero eviarlle moita sorte aos nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria no seu paso ao instituto, non vos esquezades de nós!!! Para todos/as eles/as e para o resto da comunidade educativa, moi feliz verán. Gozade das vacacións 🌞

Un abrazo virtual ben grande,



sábado, 19 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Bo día lectoras e lectores 😊 Como estades a afrontar os últimos días deste curso tan atípico? Agardo que da mellor forma posible. Mirade, agora que se achegan as vacacións, estivemos a preparar un tríptico con recomendacións lectoras, onde incluímos diferentes materiais que adquirimos este ano para a Bibliosanluís e que teñen éxito entre vós.

Este tríptico levarédelo impreso para as vosas casas 📚


Un saúdo,



sábado, 29 de maio de 2021

MÁIS BANDA DESEÑADA NA COLECCIÓN

Que tal lectoras e lectores! Como estades? Xa se achega a recta final do curso. Moita forza para afrontala!! 💪💪

Hoxe veño contarvos que incorporamos á colección de banda deseñada novos fondos. Agardo que vos gusten e que vos animedes a lelos!! 📚😍




Un saúdo virtual,



martes, 18 de maio de 2021

FESTEXANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 

Estou moi contento de ver como ao longo de toda a semana estivestes traballando, a través dos recursos que vos facilitei, a vida e a obra da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias. 

As crianzas de 6º de Educación Infantil  quixeron compartir con todos e todas dúas actividades que estiveron realizando ao longo da semana: un retrato da escritora e o recitado dun poema dunha das súas obras, agardo que gocedes delas!😊👀👂


Un saúdo,



sábado, 8 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Lectoras, lectores!!! Lembrabádesvos de que o próximo 17 de maio é o Día das Letras Galegas? Pois ben, veño deixarvos uns xoguiños interactivos sobre Xela Arias, a autora homenaxeada este ano.

PASAPALABRA


VERDADEIRO OU FALSO


Agora, achégovos tamén outros materiais elaborados no noso colexio.

PRESENTACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE XELA ARIAS

REBUMBIO DE LETRAS DAS FACETAS PROFESIONAIS DE XELA ARIAS


ENCRUCILLADO


MINILIBRO


MARCADOR XELA ARIAS


MARCAPÁXINAS XELA ARIAS


Gustaríame tamén, dende aquí, felicitar aos centros gañadores do Concurso de Carteis deste ano 👏👏 Se premedes nas seguintes ligazóns, accederedes aos diferentes materiais de Educación Primaria que, por certo, son ben interesantes para traballar sobre a figura de Xela Arias 😀

  • Carteis Letras Galegas 2021:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-22836.pdf
  • Guía Didáctica:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-22838.pdf

Un saúdo,



venres, 7 de maio de 2021

NOVAS ADQUISICIÓNS

Bo día raparigos e raparigas!! Como estades? Hoxe veño contarvos que, na Bibliosanluís, contamos con novos materiais 😀👏 Estade atentos/as que volos vou presentar 👀

Tiny:bit Smart Robot para os/as maiores do cole.



Lapis para facer figuras en 3D



Robot Qobo



Matatalab



Impresora 3D



Agardo que lles deades moito uso e que aprendades moito con eles. 

Un saúdo,