Boas a todos e todas! Comezamos a nosa andaina e para iso precisamos a axuda dos nenos/as de 1º que se encargaron de investigar e aprender sobre a coñecida Olería de Buño. Iso si, o seu traballo non remata aquí, agora deben eles facer uns zoquiños de barro para demostrarnos todo o que aprenderon! Estamos desexando ver como lles quedan!
Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Samaín
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Celebracións
- Croma
- Polos Creativos
martes, 26 de outubro de 2021
mércores, 20 de outubro de 2021
domingo, 17 de outubro de 2021
Un novo proxecto, unha nova aventura!
Que tal estades rapaces e rapazas? Os nenos e nenas de educación infantil comezaron fai uns días o seu proxecto sobre o circo... non sabedes como están a traballar! Agora é a vosa quenda... escoitade atentamente a miña mensaxe!
mércores, 13 de outubro de 2021
ARRINCA O PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET"
Lectoras e lectores, lembrades que o curso pasado resultamos gañadores/as da VII Convocatoria Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero co proxecto titulado Baixo a mesma carpa de crochet na categoría de Educación Infantil? 👏👏 Por este motivo, ao longo de todo o curso, os máis pequenos e pequenas do colexio van levar a cabo as súas actividades e compartiranas con todos nós.
Este proxecto trata sobre o circo e con el traballarase sobre a igualdade de xénero. Para poñervos en situación, déixovos un anaquiño da xustificación do proxecto.
“Entendí entonces por qué el enorme y poderoso elefante que yo veía en el circo se quedaba encadenado: él estaba convencido de que nunca podría liberarse de su estaca. El pobre animal tenía el fracaso grabado en su memoria de elefante y jamás, jamás, había vuelto a poner a prueba su fuerza...”.
Este fragmento do marabilloso libro de Jorge Bucay El elefante encadenado fainos pensar nesa estaca que, ao longo dos anos, fixo que a igualdade de xénero non avanzase como quixeramos, unha estaca da que custa liberarse xa que foi pasando de xeración en xeración.
Do mesmo xeito, fainos reflexionar sobre a situación dunha persoa que pode ser vítima de violencia de xénero. Moitas veces por desgraza aínda temos que escoitar nalgunhas conversas iso de: -E se lle pega, porque non marcha? Quizais a situación do elefante encadeado nos pode dar algunha resposta: tenía el fracaso grabado en su memoria.
Con todo isto, podemos ver como os estereotipos de xénero que as nenas e nenos viven dende idades temperás, poden marcar a súa vida adulta. Dado que o noso alumnado está nesta etapa, intentaremos crochetear os fíos necesarios para axudarlles a que a equidade de xénero e o respecto á diversidade forme parte das súas vidas.
Decantámonos por este tema porque nestes tempos de pandemia, o nerviosismo está presente en nós, tanto no alumnado como nas familias e no profesorado. Consideramos que a diversión que pode aportar o tema do circo faría máis levadeira esta situación na que os protocolos condicionan tanto o noso xeito de vivir. Pretendemos que o único efecto secundario que teña todo isto sexan sorrisos e poñer en valor o traballo dos pallasos e pallasas que animan nos hospitais.
Todo isto lévanos a facer unha reflexión sobre o circo: Como un mundo que gusta tanto aos nenos e nenas e cala tan fondo neles/as está tan marcado por estereotipos?
Rematamos cun parágrafo de Jorde Bucay que di: “Todos/as somos un poco como el elefante del circo: vamos por el mundo atados a cientos de estacas que nos restan libertad. Vivimos pensando que no podemos hacer montones de cosas, simplemente porque una vez, hace tiempo, cuando éramos pequeños/as, lo intentamos y no lo conseguimos. Hicimos entonces lo mismo que el elefante, y grabamos en nuestra memoria este mensaje: No puedo, no puedo y nunca podré. Hemos crecido llevando ese mensaje que nos impusimos a nosotros/as mismos/as y por eso nunca más volvimos a intentar liberarnos de la estaca. Cuando, a veces, sentimos los grilletes y hacemos sonar las cadenas, miramos de reojo la estaca y pensamos: No puedo y nunca podré”.
E isto é o que non queremos para as nosas nenas e nenos.
Agora, ollade este vídeo para ver como comezaron na aula de 5.º de Educación Infantil o proxecto.
Moitas grazas pola vosa implicación e ilusión. Parabéns por un comezo tan emocionante!!! 😍
Un bico virtual,
BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS VOLCÁNS
Ola, lectores e lectoras da Bibliosanluís!! Que tal estades? Eu estou moi ledo, xa que comezo a ver as vosas cariñas pola biblioteca 😍 ademais, estades a facerme chegar xa algúns traballiños, que ilusión!!!
Desta volta, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil, queren compartir con nós unha nova aventura na que están inmersos. Sabedes o que están a traballar? Os volcáns. Se queredes seguir os pasos deste proxecto, estade atentos/as ao que publican nesta ligazón.
Quixeron informarse para dar resposta as súas inquedanzas e non dubidaron en vir á biblioteca en busca de libros sobre a temática 📚📚. Mirade, mirade 👀
Grazas por compartilo con nós!!
martes, 28 de setembro de 2021
xoves, 23 de setembro de 2021
RESUMO DAS NORMAS DE ACCESO Á BIBLIOTECA
Usuarios e usuarias da biblioteca!! 📙📘📗📕 Botásteslle un ollo ao protocolo de acceso á Bibliosanluís para este curso 2021/2022?? Velaquí vos vai un pequeno resumo del.
Vémonos pronto,
PROTOCOLO DE ACCESO Á BIBLIOTECA
Velaquí vos deixamos o Protocolo de acceso á Bibliosanluís, co que se pretende salvagardar a saúde dos usuarios e usuarias da nosa biblioteca. Para que sexa máis accesible para todos e todas, tamén quedará pendurado na marxe dereita.
Un saúdo e moita saúde,
Fidalgo.
martes, 22 de xuño de 2021
REVISTA ESCOLAR E FIN DE CURSO
Queridas lectoras e lectores!! Hoxe poñemos punto final a este curso 2020/2021 que, sen lugar a dúbida, foi un curso ben diferente pero non por iso menos especial. Imaxino que xa lle botariades un ollo á revista "A voz do San Luís" que hoxe levastes para as vosas casas pero, igualmente, gustaríame deixala aquí de recordo.
Quero eviarlle moita sorte aos nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria no seu paso ao instituto, non vos esquezades de nós!!! Para todos/as eles/as e para o resto da comunidade educativa, moi feliz verán. Gozade das vacacións 🌞
Un abrazo virtual ben grande,
sábado, 19 de xuño de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Bo día lectoras e lectores 😊 Como estades a afrontar os últimos días deste curso tan atípico? Agardo que da mellor forma posible. Mirade, agora que se achegan as vacacións, estivemos a preparar un tríptico con recomendacións lectoras, onde incluímos diferentes materiais que adquirimos este ano para a Bibliosanluís e que teñen éxito entre vós.
Este tríptico levarédelo impreso para as vosas casas 📚
Un saúdo,








