luns, 22 de novembro de 2021

20 novembro: Día mundial da infancia

 O sábado 20 de novembro foi o Día Mundial da Infancia, por iso no centro traballamos os dereitos que teñen os nenos e nenas. Deixámosvos un resumo do traballo realizado:


Parabéns polo traballo realizado!

Saúdos, Fidalgo



xoves, 11 de novembro de 2021

Un agasallo por sorpresa!

Bos días a todos e todas! 

Fai uns días decidín entregar un pequeno agasallo a todos os usarios da biblioteca. Cada un/unha recibiu unha bolsa de tea para levar de xeito máis cómodo os libros da biblioteca. Encántame velos xa pola biblioteca todos equipados!! 


Un saúdo a todos/as

martes, 9 de novembro de 2021

TOMAS 1 E 2 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET" EN 6.ºEI

Bo día lectoras e lectores!! Que tal estades? Como levades os PDI? Moi silenciosamente estouvos observando e decátome de canto vos esforzades e do que gozades con todas as propostas 😍

Hoxe recibín unha grata sorpresa a través do correo electrónico!! As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil enviáronme as tomas 1 e 2 do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Queredes ver que bo traballo están a facer? Mirade, mirade 👀

Parabéns rapazas e rapaces 👏👏

Unha forte aperta,

martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe quero compartir con vós un vídeo da nosa celebración do Samaín🎃💀👻👿 Agardo que vos guste 😍


Como puidestes ver, participamos na iniciativa "Presume de xardíns" proposta dende o Concello de Carballo. Por este motivo, elaboraron un vídeo para colgar nas súas redes sociais. Déixovolo a continuación 👀 Moitas grazas por amosar o noso traballo!!😀

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación 😍

Un saúdo de medo,

venres, 29 de outubro de 2021

ACTIVIDADE "CIRCARTE" EN 5.º EI

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe recibín un vídeo moi especial 😀 Desta volta, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil realizaron a actividade "Circarte" do proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet". Con ela estiveron a reflexionar sobre quen realizaba determinadas labores dentro do circo. Queredes velo? 👀

Moitos parabéns polo voso traballo 👏 

Un bico ben forte, 



xoves, 28 de outubro de 2021

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS


Ola lectoras e lectores da Bibliosanluís!! Que tal estades? Que vos pareceron as propostas para celebrar o Día das Bibliotecas? 📚 Estou moi ledo de ver a boa acollida que tiveron, sodes uns campións e campioas. Moitos parabéns polo voso traballo!! 👏👏 Velaquí vos deixamos imaxes e vídeos de como realizastes as propostas.

5.º EDUCACIÓN INFANTIL

6.º EDUCACIÓN INFANTIL

2.º EDUCACIÓN PRIMARIA

3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

5.º EDUCACIÓN PRIMARIA




6.º EDUCACIÓN PRIMARIA


Ata a próxima,

martes, 26 de outubro de 2021

Os nenos/as de 1º comezan a andaina

Boas a todos e todas! Comezamos a nosa andaina e para iso precisamos a axuda dos nenos/as de 1º que se encargaron de investigar e aprender sobre a coñecida Olería de Buño. Iso si, o seu traballo non remata aquí, agora deben eles facer uns zoquiños de barro para demostrarnos todo o que aprenderon! Estamos desexando ver como lles quedan!  



domingo, 17 de outubro de 2021

Un novo proxecto, unha nova aventura!

 Que tal estades rapaces e rapazas? Os nenos e nenas de educación infantil comezaron fai uns días o seu proxecto sobre o circo... non sabedes como están a traballar! Agora é a vosa quenda... escoitade atentamente a miña mensaxe!


mércores, 13 de outubro de 2021

ARRINCA O PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET"

Lectoras e lectores, lembrades que o curso pasado resultamos gañadores/as da VII Convocatoria Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero co proxecto titulado Baixo a mesma carpa de crochet na categoría de Educación Infantil? 👏👏 Por este motivo, ao longo de todo o curso, os máis pequenos e pequenas do colexio van levar a cabo as súas actividades e compartiranas con todos nós.

Este proxecto trata sobre o circo e con el traballarase sobre a igualdade de xénero. Para poñervos en situación, déixovos un anaquiño da xustificación do proxecto.


“Entendí entonces por qué el enorme y poderoso elefante que yo veía en el circo se quedaba encadenado: él estaba convencido de que nunca podría liberarse de su estaca. El pobre animal tenía el fracaso grabado en su memoria de elefante y jamás, jamás, había vuelto a poner a prueba su fuerza...”.

Este fragmento do marabilloso libro de Jorge Bucay El elefante encadenado fainos pensar nesa estaca que, ao longo dos anos, fixo que a igualdade de xénero non avanzase como quixeramos, unha estaca da que custa liberarse xa que foi pasando de xeración en xeración.

Do mesmo xeito, fainos reflexionar sobre a situación dunha persoa que pode ser vítima de violencia de xénero. Moitas veces por desgraza aínda temos que escoitar nalgunhas conversas iso de: -E se lle pega, porque non marcha? Quizais a situación do elefante encadeado nos pode dar algunha resposta: tenía el fracaso grabado en su memoria.

Con todo isto, podemos ver como os estereotipos de xénero que as nenas e nenos viven dende idades temperás, poden marcar a súa vida adulta. Dado que o noso alumnado está nesta etapa, intentaremos crochetear os fíos necesarios para axudarlles a que a equidade de xénero e o respecto á diversidade forme parte das súas vidas.

Decantámonos por este tema porque nestes tempos de pandemia, o nerviosismo está presente en nós, tanto no alumnado como nas familias e no profesorado. Consideramos que a diversión que pode aportar o tema do circo faría máis levadeira esta situación na que os protocolos condicionan tanto o noso xeito de vivir. Pretendemos que o único efecto secundario que teña todo isto sexan sorrisos e poñer en valor o traballo dos pallasos e pallasas que animan nos hospitais.

Todo isto lévanos a facer unha reflexión sobre o circo: Como un mundo que gusta tanto aos nenos e nenas e cala tan fondo neles/as está tan marcado por estereotipos?

Rematamos cun parágrafo de Jorde Bucay que di: “Todos/as somos un poco como el elefante del circo: vamos por el mundo atados a cientos de estacas que nos restan libertad. Vivimos pensando que no podemos hacer montones de cosas, simplemente porque una vez, hace tiempo, cuando éramos pequeños/as, lo intentamos y no lo conseguimos. Hicimos entonces lo mismo que el elefante, y grabamos en nuestra memoria este mensaje: No puedo, no puedo y nunca podré. Hemos crecido llevando ese mensaje que nos impusimos a nosotros/as mismos/as y por eso nunca más volvimos a intentar liberarnos de la estaca. Cuando, a veces, sentimos los grilletes y hacemos sonar las cadenas, miramos de reojo la estaca y pensamos: No puedo y nunca podré”.

E isto é o que non queremos para as nosas nenas e nenos.


Agora, ollade este vídeo para ver como comezaron na aula de 5.º de Educación Infantil o proxecto.

Moitas grazas pola vosa implicación e ilusión. Parabéns por un comezo tan emocionante!!! 😍

Un bico virtual,