Dende a aula de 6.º de Educación Infantil queremos compartir con vós a muller traballada neste 8M.
Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- Samaín
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Apadriñamentos lectores
- Celebracións
- Croma
- PDI "O camiño das estrelas"
- Polos Creativos
luns, 7 de marzo de 2022
PINITO DEL ORO
Para conmemorar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo, as nenas e nenos de Educación Infantil van traballar a Pinito del Oro, unha muller representativa no mundo do circo.
Hoxe, dende a aula de 5.º de Educación Infantil quere compartir con todos nós a súa biografía 😊
Pronto teredes máis noticias das nenas e nenas desta aula, pois farán un vídeo informativo 😍
xoves, 3 de marzo de 2022
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
Este ano, festexamos moito o Entroido!! Celebramos o xoves de compadres, o xoves de comadres e o venres 25 fixemos un gran desfile polas rúas próximas ao colexio. Como veredes, fomos disfrazados de simboloxía representativa dos nosos proxectos:
- Paiasos e paiasas en Educación Infantil polo proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet".
- Oleiros/as, percebes, fotógrafos/as, piratas, a danza dos arcos e pintores/as polo proxecto "O camiño dos faros" de Educación Primaria.
Que gusto da vervos a todos/as 😍 Grazas por compartir conmigo este vídeo.
XINCANA DÍA DE ROSALÍA
Bo día amiguiños e amiguiñas 😀 estou aquí para darvos as grazas por axudarme a atopar os libros perdidos de Rosalía de Castro 👏 estívenvos observando, e soubestes resolver moi ben cada unha das misións da xincana, así da gusto!! Déixovos algunhas fotos e vídeos que fun recompilando de todos vós para que poidades velas 😍
🌳🌸5.º Educación Infantil🌸🌳
Ademais, as nenas e nenos desta aula tamén fixeron unha exposición co título "Rosalía do circo", relacionando esta conmemoración co proxecto anual "Baixo a mesma carpa de crochet". Que persoa do circo lle gustaría ser a Rosalía de Castro?
🌳🌸6.º Educación Infantil🌸🌳
🌳🌸2.º Educación Primaria🌸🌳
🌳🌸3.º Educación Primaria🌸🌳
🌳🌸4.º Educación Primaria🌸🌳
🌳🌸5.º Educación Primaria🌸🌳
Moitas grazas pola vosa participación e bo entroido. Un bico ben forte,
TOMAS 5 E 6 DO PROXECTO "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET"
Hoxe, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil envíannos as tomas 5 e 6 do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Mirade que marabilla 😍
sábado, 26 de febreiro de 2022
II Carreira saudable
Este mércores 23, celebramos a II Carreira do corazón baixo o lema "Para agasallar amor a montóns, coidade os vosos corazóns"💙💚💛💜💖 Como sabedes, a súa primeira edición coincidiu coa semana dos namorados, buscando traballar a temática dende unha triple perspectiva: o coidado do corazóna nivel emocional, do exercicio físico e a alimentación saudable. Por mor da pandemia, o pasado curso non puidemos celebrala e, este ano aínda que non o fixemos da forma que nos gustaría, si puidemos facer a carreira 😁
venres, 11 de febreiro de 2022
Fin da 3ª etapa
Os nenos e nenas de terceiro curso remataron a terceira etapa do camiño dos faros. Neste caso aprenderon moito sobre un home misterioso... ¿queredes saber quen? Atentos/as!
Primeiro buscaron, recolleron e analizaron información!
Con todo este traballaron lograron cumprir a misión que Traski lles encomendara.
mércores, 2 de febreiro de 2022
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Boas amigos e amigas! O luns 31 celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Para isto os nenos/as realizaron diversas actividades. Traballaron moitísimo!
Educación infantil, 1.º e 2.º de educación primaria
3.º de educación primaria
4.º de educación primaria
5.º de educación primaria
6.º de educación primaria
UN AGASALLO PARA A ASOCIACIÓN GALICLOWN
O alumnado de Educación Infantil segue inmerso no seu proxecto anual titulado "Baixo a mesma carpa de crochet". Desta vez, relacionado coa temática do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, puxéronse en contacto coa asociación Galiclown, a quen quixeron facerlle uns agasallos para agradecerlle a súa gran labor 💕💖
Aula 6.º Educación Infantil
Aula 5.º Educación Infantil
Que boa iniciativa!! Canto entusiasmo se percibe detrás das vosas elaboracións 😍
Unha aperta virtual para todos e todas,
martes, 21 de decembro de 2021
FELIZ NADAL!
Aquí vos deixamos unha canción de nadal preparada por todos os nenos e nenas. Esperamos que vos guste! Boas vacacións a todos!