Na aula de 1.º de Educación Primaria, a teacher Raquel introduciu o tema "Clothes" empregando o BeeBot como elemento motivador. Indicábaselle a que personaxe deberían ir e, unha vez acadado o obxectivo, analizaban a roupa que levaban posta e facíase repaso das cores.
Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Samaín
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Celebracións
- Croma
- Polos Creativos
mércores, 4 de maio de 2022
domingo, 1 de maio de 2022
ROBÓTICA EN 1.º EP
As nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria queren compartir a súa experiencia co BeeBot. Queredes ver que ben o manexan? Mirade mirade 👀
Moitas grazas por compartir este vídeo con nós.
Un bicazo,
luns, 18 de abril de 2022
FIN DA 5ª ETAPA
Boas nenos e nenas! Os vosos compañeiros/as de 5º curso remataron xa a quinta etapa do camiño dos faros! Imos ver que aprenderon durante este tempo!
Comezaron buscando e indagando sobre a vila de Camariñas: o faro de Cabo Vilán, o museo de Man, o foxo dos lobos e o cemiterio dos ingleses
Tamén visitron todos os lugares que estudaron na clase!
Por último recolleron as conclusións de todo o que aprenderon!
Moitos parabéns polo gran traballo realizado!
21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA
Bo día!! Hoxe queremos compartir con vós o realizado a semana do 21 ao 27 de marzo polo Día da Poesía e o Día da Árbore. Fágovos un pequeno resumo das actividades propostas:
- Actividades de robótica para identificar poetas/poetisas, escaneado de códigos QR, escoita de poemas e recital de poemas por parte das nenas e nenos de Educación Primaria.
- Lectura/escoita de poemas colgados nas árbores dos arredores do colexio, actividade feita en colaboración co Concello de Carballo #DíaDaPoesíaNaÁrbore e extensible a todo aquel que quixese participar.
Agora deixámosvos algúns vídeos e fotos destas propostas 😍
🎶5.º EDUCACIÓN INFANTIL
🎶6.º EDUCACIÓN INFANTIL
🎶1.º EDUCACIÓN PRIMARIA


🎶2.º EDUCACIÓN PRIMARIA
🎶5.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Moitas grazas pola vosa participación,
14 de marzo - DÍA DAS MATEMÁTICAS
Bo día a todos e a todas!! Que tal estades?? Sabiades que o luns 14 de marzo se celebrou o Día das Matemáticas? Por este motivo, algunhas das aulas do colexio realizamos unha actividade de robótica 👏 Aquí vos deixamos unha pequena mostra 😍
📌 AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL
📌 AULA 3.º EDUCACIÓN PRIMARIA
📌 AULA 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Moitas grazas a todos/as pola vosa participación.
Unha aperta virtual,
7 abril - DÍA DA SAÚDE
Bo día a todos e a todas!! Hoxe queremos amosarvos as propostas que se fixeron polo Día da Saúde (7 de abril), todas elas en relación coa robótica e os robots dos que dispoñemos no centro.
Velaquí a explicación das actividades:
💕Educación Infantil: empregando os Ozobots, debuxamos en papel continuo corazóns e, a través de diferentes códigos de cores, poñémolos a funcionar.
💕Educación Primaria: realizamos na aula varios grupos. Cada grupo enumera catro accións favorables para a saúde. Unha vez superado isto, obséquiase ao grupo coa simulación do latexo do corazón usando a placa micro:Bit.
EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA
Moitas grazas pola vosa participación. Alégrame ver que teñen tan boa acollida as propostas 😍
Un bico para todos e todas,
mércores, 23 de marzo de 2022
QUERES PARTICIPAR NO #DÍADAPOESÍANAÁRBORE?
Benvidos un día máis lectoras e lectores!! Como sabedes, o luns 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA e o DÍA DA ÁRBORE. Con este motivo, queremos convidarvos a participar nunha actividade que realizamos en colaboración co Concello de Carballo.
Lede con atención o seguinte cartel para saber un pouco máis. Seguro que xa o vistes nalgún establecemento do noso barrio 😍
Agardamos as vosas fotos do #DíaDaPoesíaNaÁrbore 🌲🌳🍃
Moitas grazas por participar,
xoves, 17 de marzo de 2022
De novo, entroido
Boas mozos e mozas! O pasado venres 11 de marzo a clase de 5º curso de EP volveu ao antroido! Dado que o día do festival moitos nenos e nenas non puideron vir ao centro por diversos motivos, decidiron facer unha pequena recreación do festival. Xuntos puideron bailar a coñecida "danza dos arcos" e revivir o espírito do antroido! Aquí nos deixan unha pequena mostra!
venres, 11 de marzo de 2022
8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Bo día a todos e a todas!! Que tal estades? O martes 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, traballando mulleres significativas dos proxectos que se levan a cabo en cada etapa: do circo en Educación Infantil e sobre o camiño dos faros en Educación Primaria.
Velaquí podedes ver como traballaron os nenos e nenas de todos os cursos de Educación Primaria. Recibiron caixas con códigos que debían descifrar para saber sobre quen ían investigar e elaboraron carteis informativos para colocar na exposición da entrada do colexio 😍
Agora podedes ver imaxes do alumnado de Educación Infantil e o producto final das súas investigacións😍
💜4.º Educación Infantil 💜
💜5.º Educación Infantil 💜
💜6.º Educación Infantil 💜
Parabéns por estes traballos tan marabillosos 💜 e moitas grazas ao Concello de Carballo polos agasallos para os nosos nenos e nenas 👏👏
Un bico,
xoves, 10 de marzo de 2022
KATIE SANDWINA
Dende a aula de 4.º de Educación Infantil queremos compartir con vós a muller traballada neste 8M.





.png)
