mércores, 4 de maio de 2022

INTRODUCIÓN DO TEMA DA ROUPA EN INGLÉS CO BEEBOT

Na aula de 1.º de Educación Primaria, a teacher Raquel introduciu o tema "Clothes" empregando o BeeBot como elemento motivador. Indicábaselle a que personaxe deberían ir e, unha vez acadado o obxectivo, analizaban a roupa que levaban posta e facíase repaso das cores.

domingo, 1 de maio de 2022

ROBÓTICA EN 1.º EP

As nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria queren compartir a súa experiencia co BeeBot. Queredes ver que ben o manexan? Mirade mirade 👀


Moitas grazas por compartir este vídeo con nós.

Un bicazo,



luns, 18 de abril de 2022

FIN DA 5ª ETAPA

Boas nenos e nenas! Os  vosos compañeiros/as de 5º curso remataron xa a quinta etapa do camiño dos faros! Imos ver que aprenderon durante este tempo! 

Comezaron buscando e indagando sobre a vila de Camariñas: o faro de Cabo Vilán, o museo de Man, o foxo dos lobos e o cemiterio dos ingleses


Tamén visitron todos os lugares que estudaron na clase! 


Por último recolleron as conclusións de todo o que aprenderon!


Moitos parabéns polo gran traballo realizado!






21 DE MARZO - DÍA DA POESÍA

Bo día!! Hoxe queremos compartir con vós o realizado a semana do 21 ao 27 de marzo polo Día da Poesía e o Día da Árbore. Fágovos un pequeno resumo das actividades propostas:

  • Actividades de robótica para identificar poetas/poetisas, escaneado de códigos QR, escoita de poemas e recital de poemas por parte das nenas e nenos de Educación Primaria.
  • Lectura/escoita de poemas colgados nas árbores dos arredores do colexio, actividade feita en colaboración co Concello de Carballo #DíaDaPoesíaNaÁrbore e extensible a todo aquel que quixese participar.

Agora deixámosvos algúns vídeos e fotos destas propostas 😍

🎶5.º EDUCACIÓN INFANTIL


🎶6.º EDUCACIÓN INFANTIL


🎶1.º EDUCACIÓN PRIMARIA





🎶2.º EDUCACIÓN PRIMARIA



🎶5.º EDUCACIÓN PRIMARIA


Moitas grazas pola vosa participación,



14 de marzo - DÍA DAS MATEMÁTICAS

Bo día a todos e a todas!! Que tal estades?? Sabiades que o luns 14 de marzo se celebrou o Día das Matemáticas? Por este motivo, algunhas das aulas do colexio realizamos unha actividade de robótica 👏 Aquí vos deixamos unha pequena mostra 😍

📌 AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL


📌 AULA 3.º EDUCACIÓN PRIMARIA

📌 AULA 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA




Moitas grazas a todos/as pola vosa participación.

Unha aperta virtual,



7 abril - DÍA DA SAÚDE

Bo día a todos e a todas!! Hoxe queremos amosarvos as propostas que se fixeron polo Día da Saúde (7 de abril), todas elas en relación coa robótica e os robots dos que dispoñemos no centro.

Velaquí a explicación das actividades:

💕Educación Infantil: empregando os Ozobots, debuxamos en papel continuo corazóns e, a través de diferentes códigos de cores, poñémolos a funcionar.

💕Educación Primaria: realizamos na aula varios grupos. Cada grupo enumera catro accións favorables para a saúde. Unha vez superado isto, obséquiase ao grupo coa simulación do latexo do corazón usando a placa micro:Bit.


EDUCACIÓN INFANTIL


EDUCACIÓN PRIMARIA



Moitas grazas pola vosa participación. Alégrame ver que teñen tan boa acollida as propostas 😍

Un bico para todos e todas,



mércores, 23 de marzo de 2022

QUERES PARTICIPAR NO #DÍADAPOESÍANAÁRBORE?

Benvidos un día máis lectoras e lectores!! Como sabedes, o luns 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA e o DÍA DA ÁRBORE. Con este motivo, queremos convidarvos a participar nunha actividade que realizamos en colaboración co Concello de Carballo.

Lede con atención o seguinte cartel para saber un pouco máis. Seguro que xa o vistes nalgún establecemento do noso barrio 😍


Agardamos as vosas fotos do #DíaDaPoesíaNaÁrbore 🌲🌳🍃

Moitas grazas por participar,

xoves, 17 de marzo de 2022

De novo, entroido

Boas mozos e mozas! O pasado venres 11 de marzo a clase de 5º curso de EP volveu ao antroido! Dado que o día do festival moitos nenos e nenas non puideron vir ao centro por diversos motivos, decidiron facer unha pequena recreación do festival. Xuntos puideron bailar a coñecida "danza dos arcos" e revivir o espírito do antroido! Aquí nos deixan unha pequena mostra! 

venres, 11 de marzo de 2022

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Bo día a todos e a todas!! Que tal estades? O martes 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, traballando mulleres significativas dos proxectos que se levan a cabo en cada etapa: do circo en Educación Infantil e sobre o camiño dos faros en Educación Primaria.

Velaquí podedes ver como traballaron os nenos e nenas de todos os cursos de Educación Primaria. Recibiron caixas con códigos que debían descifrar para saber sobre quen ían investigar e elaboraron carteis informativos para colocar na exposición da entrada do colexio 😍


Agora podedes ver imaxes do alumnado de Educación Infantil e o producto final das súas investigacións😍

💜4.º Educación Infantil 💜

💜5.º Educación Infantil 💜


💜6.º Educación Infantil 💜

Parabéns por estes traballos tan marabillosos 💜 e moitas grazas ao Concello de Carballo polos agasallos para os nosos nenos e nenas 👏👏

Un bico,