Despois do Mes das Letras, así luce o corredor que pasa por diante da biblioteca 💙
Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- Samaín
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Apadriñamentos lectores
- Celebracións
- Croma
- PDI "O camiño das estrelas"
- Polos Creativos
xoves, 2 de xuño de 2022
xoves, 19 de maio de 2022
AS LETRAS GALEGAS EN EI
Aquí vai a aportación dos máis pequechos/as do colexio para estas Letras Galegas. Traballaron sobre o poema "Cantar dos topónimos" de Florencio Delgado Gurriarán e fixeron a súa propia interpretación.
Foi o seu primeiro achegamento á técnica do croma e, aínda que hai que pulir algúns pequenos erros, o resultado foi ben bonito 😍 para a próxima máis e mellor!!
Grazas sempre polas vosas aportacións. Magnífico traballo 💕
Un bico ben forte,
AS LETRAS GALEGAS EN 3.ºEP
Bo día a todos e a todas!! As nenas e nenos de 3.º de Educación Primaria queren compartir con nós o seu traballo sobre Florencio Delgado Gurriarán. Realizaron unha actividade co escornabot para traballar sobre os carteis da vida e obra do autor, prepararon o nome de Florencio usando a placa micro:Bit, elaboraron un rosco de Pasapalabra... Canto traballo e que marabilla!!! 😍
Grazas por todo rapaces e rapazas. Moitos parabéns!! 👏😀
Work hard and roll a dice!
Velaquí unha actividade de robótica feita na aula de 2.º de Educación Primaria coa teacher Raquel. Fixeron un dado coa placa micro:Bit e facendo uso del, os fast finishers escollían a actividade que desexaban realizar:
Graciñas pola vosa aportación rapaces, rapazas e mestra. Unha aperta,
xoves, 12 de maio de 2022
SYMBALOO FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Aquí vos deixo un Symbaloo cheiño de recursos que preparamos para que poidas aprender moito sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán.
Fíxate en que hai un código de cores que indica:
- Material didáctico gañador do Concurso de carteis e guía das Letras Galegas. Parabéns compañeiros/as!!
- Vídeos de Youtube sobre Florencio Delgado Gurriarán.
- Capítulos "Polos vieiros de Florencio".
- Capítulos "O soño da Galicia infinda".
- Xogos atopados na rede e elaborados por outros centros de Galicia.
- Páxinas web oficiais: Consello da Cultura Galega, RAG, Portal da Lingua...
- Poemas musicados.
- Xogos elaborados no noso centro para traballar sobre a vida e obra de don Florencio.
Aprendede moito,
martes, 10 de maio de 2022
2 MAIO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O día 2 de maio, celebramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Nesta ocasión, fixemos unha actividade de robótica empregando a placa micro:Bit. O alumnado programouna para que aparecese nela unha cara triste e unha contenta e, en función diso, dicían unha acción correcta e outra incorrecta no trato cos demais.
AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL
AULA 3.º EDUCACIÓN PRIMARIA
AULA 4.º EDUCACIÓN PRIMARIA
AULA 5.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Coma sempre, grazas pola vosa participación 💕
luns, 9 de maio de 2022
23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO
Bo día nenas e nenos, lectoras e lectores!! O 23 de abril foi un día especial para todos/as nós pois celébrase o DÍA DO LIBRO.
Que vos pareceron as actividades que vos propuxen? Coido que vos gustaron, pois estivestes moi interesados en todo momento 😍
Velaquí queda unha pequena mostra do feito para celebrar esta data 😀
📚4.º EDUCACIÓN INFANTIL
📚5.º EDUCACIÓN INFANTIL
📚6.º EDUCACIÓN INFANTIL
📚1.º EDUCACIÓN PRIMARIA

📚2.º EDUCACIÓN PRIMARIA
📚3.º EDUCACIÓN PRIMARIA
📚5.º EDUCACIÓN PRIMARIA
Os nenos/as de quinto curso fixemos un breve resume dos libros que máis nos gustaron! Podedes consultalos nos seguintes enlaces!
Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
Un abrazo ben forte e grazas por participar,
domingo, 8 de maio de 2022
FAI MEMORIA CON FLORENCIO
Velaquí tedes un memory!! Dádelle a volta ás cartas e buscade o texto coa imaxe correspondente.
SOPA DE LETRAS FLORENCIO
Atréveste a buscar oito palabras significativas na vida de Florencio Delgado Gurriarán? Anímate con esta sopa de letras.
Se queres xogar dende un móbil ou tablet, unha vez atopes a palabra debes pinchar na primeira e na última letra para que a recoñeza o xogo.
ROSCO PASAPALABRA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
Como sabedes, estas Letras Galegas 2022 están dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán. Velaquí vos deixamos un Rosco de Pasapalabra para que poidades aprender un pouco máis del.








