domingo, 18 de febreiro de 2024

xoves, 11 de xaneiro de 2024

Samaín e Magosto 2023.

Relacionado co proxecto anual "Canto sentimento" da biblioteca, os nen@s de infantil participamos no Samaín e Magosto sentindo e facendo sentir moitas emocións. Ollade o video, quizais poñamos en funcionamento tamén o voso emocionómetro ao ver como ambientamos o cole, metía medo!, ( personaxes misteriosos agochados detrás das ventanas, portas encantadas....) disfraces terroríficos.... Atrevédesvos?.
samaín e magosto de veronica

E ti, a que lle tes medo?.

E ti, a que lle tes medo?, ás pantasmas, á escuridade, á tormenta, ou quizais á zapatilla de mamá?. Ollade que retratos máis arrepiantes ao pensar naquelo ao que lle tiñamos medo.
A que lle tes medo. (Retratos arrepiantes). de veronica

24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O 24 de outubro celebrouse o día das Bibliotecas Escolares. Queredes saber o que fixemos ao longo do mes? Lecturas terroríficas contadas polas nosas familias. E por que, "terroríiiiificas"? porque, como moi ben sabedes, este curso o noso proxecto anual "Canto sentimento" relacíonase coas emocións, e a correspondente a este mes do Samaín foi o.... "MEDO". Moitas grazas familias pola vosa colaboración, sen vós non sería posible!
24 Outubro Día Bibliotecas Escolares de veronica

mércores, 10 de xaneiro de 2024

luns, 6 de novembro de 2023

Acordádesvos das personaxes mitolóxicas da cultura popular galega que dan medo que Fidalgo nos propuxo no Samaín?. Pois o alumnado de infantil fixo o seu particular "Gatipedro", aquel gato branco con corno escuro na cabeza que entraba de noite nas habitacións dos nenos para botarlle auga polo seu corniño.

martes, 20 de xuño de 2023

A VOZ DO SAN LUÍS

Velaquí vos deixamos un número máis da revista "A Voz do San Luís" con lembranzas e aprendizaxes deste curso 2022/2023. Agardamos que gocedes dela e que pasedes un bo verán!! 🌞

sábado, 17 de xuño de 2023

MES DAS LETRAS GALEGAS

Bo día lectoras e lectores. Tiña pendente amosarvos o realizado no noso colexio polo Mes das Letras. Como sabedes xa elaboramos a principios do mes de maio un Symbaloo de recursos sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polas Letras Galegas neste ano 2023.

Durante o mes de maio estivemos a realizar algunhas actividades sobre este persoeiro, destancando unha ACTIVIDADE DE ROBÓTICA para repasar os carteis sobre a súa vida e obra e a I CARREIRA POLA LINGUA.

Velaquí vos deixo un vídeo 😊

Un saúdo,