Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Samaín
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Celebracións
- Croma
- Polos Creativos
venres, 29 de novembro de 2024
25N
Dende o equipo da biblioteca preparouse unha selección de libros que tratan o tema da violencia de xénero para concienciar ao alumnado e a toda a comunidade educativa. Ademais durante esta semana recorreuse as distintas aulas de educación primaria para ler e despois comentar o libro : "Oso Tramposo" de Alfredo Gómez Cerdá. Resultou ser unha lectura moi adaptada que permitiu realmente reflexionar con todo o alumnado sobre a situación da violencia de xénero.
luns, 25 de novembro de 2024
25 DE NOVEMBRO.. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero o alumnado de Infantil asisitiu ao contocontos da fábula "Arturo e Clementina" onde se pon de manifesto a coeducación e estereotipos sexistas
Unha vez rematado o conto fixemos as nosas particulares Clementinas baixo o lema 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
25 N de Biblioteca
venres, 8 de novembro de 2024
CONTOS SOBRE OS PERSONAXES DO SAMAÍN
Entre todo o alumnado de coñeceron algúns persoaxes que dan medo na nosa tradición.
Saben quen é o Gatipedro, A bruxa dos dentes verdes,, o Tardo , a Tía Xuana.... e foi a esta a quen escolleron para facer unha historia entre todo o grupo. Aquí a tedes.
xoves, 7 de novembro de 2024
O GATIPEDRO DE INFANTIL
Seguindo o PDI da biblioteca "Tradicións unindo xeracións" aceptando a invitación de Fidalgo a coñecer as diferentes personaxes que forman parte dos contos de historia de Galicia, o alumnado de infantil namorouse de Gatipedro, aquel gato de cor branco cun corno do cor escuro na cabeza. Este gato entra nas habitacións dos nenos e nenas polas noites mentres están durmindo e empeza a botar auga polo seu corniño. O neno ou a nena que escoita ese ruído mentres durme soña que está mexando e ... mexa na cama. Que divertido!!!!!🤣🤣
martes, 5 de novembro de 2024
LECTURAS TERRORÍFICAS
Coa chegada do Samaín e da man das nosas familias disfrutamos dunhas xornadas ben entretidas de "lecturas terroríficas".
Que ben o pasamos coas historias do Gatipedro, Un Vampiro Peligrozo, A pantasma das bragas rotas....entre outras.
Moitas grazas familias, sin a vosa colaboración non sería posible.🧡🧡🧡
leturas de Infantil
xoves, 24 de outubro de 2024
LIBROS PARA SAMAÍN
Este curso co motivo do noso proxecto anual: "Tradicións unindo xeracións" imos investigar sobre personaxes da mitoloxía galega para iso adquirimos varios libros para a biblioteca para investigar sobre o tema. Ademais realizamos unha exposición de libros sobre o medo na entrada do colexio. Agora xa sabedes...a pasar moito medo!!!!!! Jajajajajajaja!
martes, 22 de outubro de 2024
O SAMAÍN ACHÉGASE...
Este curso o noso proxecto anual é "TRADICIÓNS UNINDO XERACIÓNS", por iso polo Samaín, que xa está ás portas, queríamos darvos a coñecer unhas personaxes mitolóxicas da cultura popular galega que dan medo.
Para coñecelas deixámosvos a seguinte actividade a continuación.
Esperamos que vos gusten.
Estade atentos porque ao longo da vindeira semana teremos unhas actividades preparadas para celebrar esta festividade!
mércores, 16 de outubro de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O vindeiro 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e para esta ocasión elaboramos uns marcapáxinas para todo o alumnado do centro para que poidan pintalo e decoralo como máis lles guste e que os acompañe ao longo deste ano de lectura.
Feliz lectura!!!
xoves, 10 de outubro de 2024
XORNADAS DE FORMACIÓN DE USUARIO
Este curso o equipo de biblioteca levou a cabo xornadas de formación de usuarios na biblioteca. Despois de visualizar xuntos o Genially sobre a nosa biblioteca levamos a cabo un xogo de busca de tesoro. Para iso elaboramos unhas fichas con pictogramas para que sexa accesible a todo o alumnado do centro. A continuación deixámosvos as fichas que elaboramos para o xogo e algunhas fotos da actividade.
Pasámolo xenial aprendendo a buscar e encontrar os libros na nosa biblioteca!
Saber e practicar de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO
Compartimos con vós as nosas fichas de reto:
Para educación infantil:
Para 1º ciclo de educación primaria:
Para 2º ciclo de educación primaria:
Para 3º ciclo de educación primaria:
NOVO CURSO: COMEZAMOS CON GANAS!
Benqueridos nenos e nenas!
Son Fidalgo e estou encantado de estar un ano máis con vós. Este curso xa temos a biblioteca lista pero ao longo do curso iremos facendo melloras e espero que colaboredes comigo.
Para empezar preparei xunto coas responsables da biblioteca esta presentación para que aprendades a buscar mellor os libros na biblioteca.
Tamén organizamos sesións de formación para os colaborades e o alumnado de todos os cursos para practicar.
A continuación déixovos a presentación e algunhas fotografías de cando visitastes a biblioteca.
Recordade tamén que se queredes buscar un libro podedes tamén facelo a través do seguinte enlace:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









