Compatimos con vós as recomendacións lectoras que elaboramos dende o equipo de biblioteca escolar para este Nadal.
Moi boas festas e feliz lecturas!
Compatimos con vós as recomendacións lectoras que elaboramos dende o equipo de biblioteca escolar para este Nadal.
Moi boas festas e feliz lecturas!
Este curso para concienciar sobre a eliminación da violencia contra a muller, os diferentes cursos estivemos lendo o conto de "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa" de Estela Moreno Bermúdez.
Finalmente o alumnado de 4º de educación primaria leu o conto a todas alumnas e alumnos do centro na biblioteca, cuns títeres que representaban as personaxes.
Tamén todo o profesorado e alumnado do centro participou na elaboración dun mural colectivo onde se poden ver os sorrisos de cada un deles para revindicar que "NINGUÉN NOS PODE ROUBAR O SORRISO". No mural tamén aparecen "eslogáns" en contra da violencia de xénero con diferentes tipoloxías de letras. No seguinte vídeo poderedes ver o resultado.
O EDLG do noso centro propúxonos realizar unha actividade fantástica para Sanmaín: INVENTAR APÓCEMAS.
Cada curso realizou as súas e quedáronlle horripilantes...jajajaja!
Deixámosvos o enlace á publicación no blog do EDLG para que lle botedes unha ollada.
https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/11/libro-apocemas-de-samain.html
Para Sanmaín Fidalgo propúxonos escribir un conto entre os nenos e as nenas de todo o colexio. Cada clase foi a encargada de inventar unha parte do conto tendo en conta a súa estrutura.
O resultado encántanos! Compartímolo con vós a continuación.
O día 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Os alumnos e alumnas de 1º de educación primaria prepararon un telexornal especial para falar de que era para eles e elas a biblioteca e a continuación, algunhas alumnas e alumnos do colexio nun reportaxe especial dende a biblioteca do centro comparten con nós o que máis lle gusta da súa biblioteca.
Poderedes ver o resultado no seguinte vídeo!
Un ano máis participamos no certame de Teatro Lido convocado polo concello de Carballo.
Nesta ocasión o alumnado de 4º de educación primaria participaron coa adaptación do libro "A cousa que máis doe do mundo de Paco Liván.
Invitámovos a que vexades o resultado. A nós parécenos que lles quedou espectacular!!!!!!!
Un ano máis empeza a andaina das nosas mochilas viaxeiras.
Este curso os libros das mochilas incluirán tamén libros relacionados co noso proxecto anual.
Esta foi a carta que nos mandou Fidalgo onde explica detalladamente todo.
A formación de usuarios é fundamental para que todo o alumnado e profesorado sepa usar os recursos tan valiosos que nos oferta a nosa biblioteca. A continuación deixámosvos unha presentación para aprender e/ou recordar que podemos atopar na nosa biblioteca e onde; e un vídeo recompilando algúns sesións que levamos a cabo este curso.