martes, 13 de outubro de 2026

O OUTONO E O SAMAÍN CHEGAN Á BIBLIOTECA

Coa chegada do outono 🌰e a celebración do Samaín 🎃👻, a biblioteca escolar convértese nun espazo cheo de misterio, historias arrepiantes e lecturas para gozar desta época do ano. Preparamos unha exposición de libros na que podedes atopar contos de medo, lendas, historias de meigas e seres fantásticos, así como lecturas que nos achegan ás cores, aos cambios e á maxia do outono 🍂🐌

Convidámosvos a achegarvos á exposición, descubrir os títulos seleccionados e deixarvos sorprender polas historias que agochan as súas páxinas 📙 Unha oportunidade para compartir lecturas, espertar a curiosidade e celebrar esta estación tamén a través dos libros, porque na biblioteca o outono trae follas e o Samaín moitas historias que poñen os pelos de punta! 👺💀


GUÍA PARA O PRÉSTAMO DE LIBROS EN MEIGA

Para facilitar o funcionamento da nosa biblioteca escolar e o labor diario do profesorado, elaboramos un documento explicativo sobre como realizar o préstamo e a devolución de libros a través da plataforma Meiga. Nel, recóllense de xeito sinxelo e práctico, os pasos a seguir.

Unha biblioteca viva é unha biblioteca compartida, na que todos e todas sumamos para fomentar a lectura na nosa comunidade educativa 📖💚

xoves, 1 de outubro de 2026

A BIBLIOTECA ABRE NOS RECREOS

Atención, atención! Temos unha noticia!

As voces das nosas nenas e nenos xa o anunciaron hoxe pola megafonía e agora tamén volo contamos por aquí: a biblioteca está aberta nos recreos! 🚪

Dende hoxe, os recreos tamén son un momento para viaxar sen saír da escola, descubrir historias, coñecer personaxes, deixar voar a imaxinación e, por suposto, gozar dos libros 📖🌈✨

Dádelle ao play ▶️ e escoitade o anuncio que prepararon os nosos pequenos/as grandes locutores/as.

A biblioteca agarda por vós! 💚


luns, 15 de xuño de 2026

PDI ANUAL "SAN LUÍS INFORMA" OBXECTIVO 15 ODS: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES


 Para este último trimestre, Fidalgo propúxonos que investiguemos sobre o obxectivo 15 da ODS: ViDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES. Para iso, repartiu libros sobre a temáticas entre as diferentes clases.

O Obxectivo 15 pretende conservar a vida de ecosistemas terrestres. Busca protexer e restablecer os ecosistemas terrestres, xestionar de xeito sustentable os bosques, loitar contra a desertificación, deter e invertir a degradación das terras, e deter a pérdida de biodiversidade.
Os ecosistemas terrestres son vitais para soster a vida humana, pero o  mundo enfréntase a unha triple crise: o cambio climático, a contaminación a a perda de  biodiversidade.
Ao igual que nos anteriores trimestre repartimos as distintas áreas de investigación entre os distintos ciclos:
EI: O perigo do lume no bosque- A contaminación dos bosques- O hábitat e os alimentos.
1º ciclo de EP: Os beneficios dos bosques e das árbores.
2º ciclo de EP: Os ecosistemas e os animais en perigo de extinción.
3º ciclo de EP: Cambio climático: a desforestación e a pérdida de biodiversidade.




     



ecosistemas terrestres e animais en perigo de extinción de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO







xoves, 11 de xuño de 2026

RECOMENDACIÓN LECTORA

 



Queremos recomendarvos dende o noso club de lectura (Dragóns Lectores) o libro de Érica Esmorís: Esta é a miña historia e terás que crela.

Pulsando na imaxe do libro escoitaredes un podcast para coñecer un pouco máis do libro e para animarvos a que vos entren as ganas de lelo!


xoves, 28 de maio de 2026

XA TEMOS RADIO NO NOSO CENTRO!!!

Durante este curso instalamos unha radio no noso centro escolar grazas á dotación de materiais de Polos creativos e as mestras do centro estivemos formándonos para aprender a usala. 

Ao longo destas últimas semanas por fin puidemos gravar co alumnado.

Foi unha experiencia fantástica que queremos compartir con todos vós.

Pinchando nas fotos que aparecen a continuación poderedes escoitar os nosos podcasts.

Alumnado de 4º de educación infantil: QUE FAREMOS NAS VACACIÓNS?










Alumnado de 1º de educación primaria: COÑECE MÁIS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.



Alumnado de 4º de educación primaria: QUE SON AS ENFERMIDADES TROPICAIS DESATENDIDAS.


Alumnado de 6º de educación primaria: DESPEDIDA.

https://drive.google.com/file/d/1zC8JiVkRuN_9aABoYODd1FUvHiGgjLLD/view?usp=drive_link


luns, 25 de maio de 2026

TRABALLO POR PROXECTOS AO LONGO DO CURSO

 Ao longo do curso, o profesorado aproveitou os recursos que lle brinda a biblioteca para levar a cabo proxectos de investigación co seu alumnado. 

A continuación queremos compartir con vós algunhas das actividades que realizaron.

Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!!!






                      



mércores, 6 de maio de 2026

INTERCAMBIO DE CARTAS ENTRE CENTROS

 Durante este curso o alumnado de 3º e 4º de educación primaria intercambiaron cartas co alumnado de 3º de educación primaria do CEIP Wenceslao Fernández Flores.

Comezaron no mes de decembro mandándose postais para felicitarse as festas e seguiron ao longo do curso.

É unha actividade fantástica para mellorar a súa expresión escrita á par que coñezan novos compañeiros doutro centro.


INTERCAMBIO DE CARTAS de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

xoves, 23 de abril de 2026

SALÓN DO LIBRO

Con motivo da celebración da Semana do Libro, o concello de Carballo, como cada ano invita aos distintos centros a participar nunha exposición conxunta na biblioteca Rego da Balsa. 

Esta ano a temática era a música e tradición. Nós decidimos participar inspirándonos nos poemas e recitados populares recollidos no libro "Eu ben vin, virivín"  de Manuel Rico Verea.


O noso alumnado aprendeu diferentes cancións e gravou a súa recitación.

Na exposición podíase ter acceso a elas a través de códigos QR que estaban dispostos sobre un "banco libro". 

Deixámosvos cunhas fotos da exposición e os códigos QR para que escoitedes e, esperemos, aprendades estes recitados da nosa cultura.

    
                                                                



Durante a semana do libro de Carballo, o concello ofertou aos cursos de de 6ºEI, 1ºEP, 3ºEP e 5ºEP varias actividades como son asistencia a obras de teatro, visita á exposición do salón do libro e un taller de imprenta.