luns, 13 de febreiro de 2017

FALAMOS DE AMOR

Pola Candelaria celebramos a festa do Amor. Aquí podes ver a orixe.
Nós celebrámolo tamén nas primeiras semanas de febreiro. E celebrámolo moi docemente, con flores e frechas do amor, pero tamén con mensaxes de amor, aos nosos pais, nais, irmáns, amigos, profes......

Día da Paz

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz. Fixemos varias actividades, coma un baile que podedes ver na páxina web do centro ou premendo AQUÍ

Convocouse un concurso de Debuxos e contos para a Paz, e aquí podedes ver a entrega de premios.



E aquí podedes ver os contos e debuxos finalistas

domingo, 18 de decembro de 2016

PARABÉNS

A Jasmin Gomes Fernandes, de 5º de Educación Infantil, por gañar un premio no concurso de Postal e Cartel de Nadal do Concello, e a Nicoleta Rozália Varga, de 4º nivel de Educación Primaria, por gañar un premio no concurso Contos de Nadal de A Voz de Galicia co conto "O Nadal de Lois". Felicitámolas e animamos a todos e todas a participar nos vindeiros concursos que se convoquen.

domingo, 27 de novembro de 2016

Con Manuel María no Pazo da Cultura

O alumnado de quinto e cuarto nivel disfrutaron dunha sesión de contacontos no Pazo da Cultura.
Tratábase dun conto a partir de tres textos de Manuel María: as obras de teatro Barriga Verde, para monicreques, as Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela e os poemas de Os Soños na Gaiola.
A trama baséase na historia de amor entre Fiz e Catuxa, dous rapaces galegos, que coa axuda de Barriga Verde, superarán todas as trabas e probas que Brouxán o leñador e o Demos lles poñan. Barriga Verde soluciona os conflitos non con violencia, senón con enxeño e maxia.



venres, 4 de novembro de 2016

Concurso para escoller MASCOTA

Fixemos un concurso para escoller a mascota da nosa biblioteca.
Resultou gañador Abdullah Awan, que nos amosa orgulloso o seu traballo.

Pero houbo moitos e bos participantes no concurso.
Aquí os tedes