venres, 9 de xuño de 2017

ANXO MOURE

Despois de todo un curso de traballo con O Carballo con Botas recibimos a visita de Anxo Moure que nos deixou engaiolados a pequen@s e grandes. Foi unha visita moi emotiva, na que gozamos das súas historias e da súa compaña. Grazas ao Concello e á AS-PG por proporcionarnos un día tan marabilloso. E GRAZAS ANXO!!!!!!

ANXO MOURE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Recanto Relax

Empezamos tamén a facer recantos da biblioteca noutros espazos do colexio. Espazos que inviten a relaxarse, escoitar música, ler con tranquilidade..... Este é o primeiro recanto relax

Decoración nova na biblioteca

Pretendemos facer máis agradable o espazo da biblioteca, por iso nos esforzamos na súa decoración. Gústavos como vai quedando????

Carreta de libros

Aproveitando o bo tempo saímos ao patio cunha carreta de libros e revistas coas que gozamos de lectura relaxada ao aire libre.

LETRAS GALEGAS

Lectura compartida e colectiva de obras de Carlos Casares. Unha das súas obras é As Laranxas máis Laranxas de todas as Laranxas , así que despois das lectura agasalláronnos cun zume natural rico rico.....

domingo, 14 de maio de 2017

IGUALANDO CARBALLO

O alumnado de cuarto participou nun obradoiro sobre a igualdade de xénero dende o mes de marzo. Ao final participaron nun concurso de literatura, contando historias de vida de mulleres que coñezan. Aquí temos a entrega de premios e tamén as historias que escribiron

igualando Carballo from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

domingo, 7 de maio de 2017

CINETECA

Dende hai un mes temos sesións de cine na Biblioteca.
O Departamento de Orientación e o Equipo de Biblioteca organizaron unhas sesións con curtametraxes sobre o acoso escolar.
A última foi esta semana, na que vimos a curta O sandwich de Mariana e o rap de El Langui que se titula Se buscan valientes.
Foi moi divertido, porque tiñamos que mercar as entradas, para o que primeiro repartiron cartos, pero non a tod@s iguais (como a vida mesma), así que tiñamos que negociar entre nós para que nos invitase un amigo ou amiga, ou nos axudase a mercala. Coa entrada agasallábannos cun vaso con flocos de millo.
Foi unha curta moi interesante, que nos fixo reflexionar moito e participar no debate posterior.
Aquí hai un vídeo con todo o proceso, e tamén a curtametraxe e o rap, para volver velos cando queiramos

SESIÓNS DE CINE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.