sábado, 24 de febreiro de 2018

Recuncho de informática

Hai tempo que funciona o recuncho de informática. Non so cos ordenadores, senón tamén coas tablets. Moi pronto empezaremos tamén cun recuncho de xadrez. Anímate


Animación á lectura

Empezamos con actividades de contacontos, Todos os mércores alguén lerá ou contará algo a outro grupo.
Comezamos @s de terceiro lendo unha fermosa historia de María Victoria Moreno a sexto nivel.



Contacontos para tod@s


24 de febreiro, día de Rosalía

Como cada ano celebramos o día de Rosalia. Na biblioteca tivemos unha pequena exposición de obras de Rosalía, tamén un traballo de investigación con códigos Qr no obradoiro artístico, fixemos algúns retratos, ..... e volvemos disfrutar cos poemas de Rosalía, algúns musicados que escoitamos durante toda a semana nos corredores.

Por San Valentín .... dillo en galego

Celebramos tamén a festa do amor, e mandamos moitas mensaxes a pais, nais, irmáns, amigos, amigas..... pero sempre EN GALEGO

martes, 30 de xaneiro de 2018

30 de Xaneiro, día da Paz

Para conmemorar o día da Paz temos unha exposición para alumnado e para adultos con libros sobre a Igualdade.



Tamén tivemos unha festa no patio, onde se entregaron os premios ao mellor DEBUXO DA PAZ, e ao MELLOR RELATO DA PAZ,
Despois cantamos e bailamos tod@s xuntas,

sábado, 6 de xaneiro de 2018

XOGUETES DE NENOS E XOGUETES DE NENAS??????

Antes de pedir os xoguetes aos Reis Magos ou ao Pai Noel tivemos un obradoiro moi interesante con voluntari@s da Cruz Vermella. Con varias actividades démonos conta, aínda que xa o sabiamos que hai xoguetes divertidos, interesantes, bonitos, entretidos.... pero non xoguetes para nenos ou para nenas.