O alumnado de 5 anos quere amosarnos cal foi o resultado do experimento que lle propuxen o outro día e demostraron ser uns científic@s moi habilidos@s. Velaquí vos deixan unha proba do que pasa se misturamos vinagre, colorante vermello, deterxente e bicarbonato.
Etiquetas
- Conmemoracións
- FIDALGO RECOMENDACIÓNS
- PDI "CCC"
- Letras Galegas
- EMOCIÓNATE CON FIDALGO
- AS ARTISTADAS DE FIDALGO
- conCIENCIA DE FIDALGO
- XOVES POÉTICOS
- "No camiño da igualdade"
- Samaín
- Día da Paz
- Día da Poesía
- Día do Libro
- Robótica
- Proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet"
- Outono
- Semana emocionante
- PDI "Conto coa túa emoción"
- PDI "Camiño dos faros"
- Proxecto "Canto sentimento!."
- 25N
- Argallando con Fidalgo
- Día das Bibliotecas
- Día de Rosalía
- 8M
- Formación de usuarios
- Mes da ciencia en galego
- Xogos interactivos
- Aniversarios
- Celebracións
- Croma
- Polos Creativos
xoves, 19 de novembro de 2020
EXPERIMENTO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL: VOLCÁN EN ERUPCIÓN!!
EXPERIMENTO 6.ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA: AS CÉLULAS E O ADN
As nenas e nenos de 6.ºA de Educación Primaria xa se puxeron mans á obra co experimento que lles propuxen fai uns días. Velaquí vos deixo a tarxeta que lles enviei.
O RECUNCHO DA CALMA DE 1.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Que ledo estou!! Acabo de recibir outra aportación, desta volta das nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria 😀 Queren compartir con todos nós como teñen organizado o recuncho da calma, os materiais do que dispoñen, explícannos como e cando usalo... Mirade mirade, está xenial 👏👏
MI CARA
O alumnado de 4.º de Educación Infantil quere compartir connosco, neste xoves poético, o seu traballiño sobre o poema "Mi cara" de Gloria Fuertes 👀👄😀
martes, 17 de novembro de 2020
EXPERIMENTO 4.º EDUCACIÓN INFANTIL: ALIMENTOS QUE FLOTAN
Hoxe os nenos e nenas de 3 aniños queren compartir con nós o seu experimento. Sabedes en que consistía?? Tiñan que comprobar que froitos do outono flotan e cales non 😊
Bo traballo peques. Un bico ben grande 😘
luns, 16 de novembro de 2020
EXPERIMENTO 1.ºEP: INFLAMOS GLOBOS
Hoxe as nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria envíannos o seu vídeo sobre o experimento de inflar un globo 🎈 Antes de nada imos recordar en que consistía.
CIENTÍFICOS DA NOSA TERRA
Bo comezo de semana a todos e a todas!! Que tal estades? Hoxe tráiovos dous carteis con información sobre un científico e unha científica, pero non son uns calquera!! Son os nosos científicos. Sabedes por que digo nosos?? Porque naceron ben pretiño do noso colexio: Ángel Carracedo é de Santa Comba e Karina Pombo é da nosa localidade, de Carballo.
Se queredes saber un pouco máis sobre eles, aquí vos deixo un pouco de información.
Boa semana,
sábado, 14 de novembro de 2020
COMO SE DIBUJA UN GATO!
AS EMOCIÓNS CO CONTO "O MONSTRO DE CORES"
xoves, 12 de novembro de 2020
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Boa tarde a todos e a todas!! Como saberedes, hoxe comezaron a chegar ás aulas uns paquetiños que eu mesmo enviei. Xa os abristes?? Veriades que dentro deles ía un libro de ciencia e unha proposta de experimento que agardo fagades. Veña, animádevos e mandádeme fotos para subir ao blog 😀
Déixovos unha imaxe dos paquetiños preparados 😊


















