domingo, 22 de decembro de 2024

AGASALLO DO CONCELLO DE CARBALLO


 O Concello de Carballo agasallounos cuns libros fantásticos. Axiña estarán dispoñibles nos estantes da nosa biblioteca.

Moitísimas grazas!


venres, 20 de decembro de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Compatimos con vós as recomendacións lectoras que elaboramos dende o equipo de biblioteca escolar para este Nadal. Moi boas festas e feliz lecturas!






luns, 16 de decembro de 2024

CANCIÓNS COLABORATIVAS DE NADAL EN GALEGO

 Para este Nadal,o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxéronnos a todo o centro a elaboración dunha estrofa por aula para crear varias cancións de xeito colaborativo. Ofrecéronnos unha listaxe de posibles palabras relacionadas coa temática e con elas os diferentes cursos elaboraron as estrofas. Despois empregaron  a aplicación "Suno" de intelixencia artificial, para crear  as cancións.

Estas cancións soaron pola megafonía do centro nas entradas e saídas do centro. No seguinte enlace ao blog da biblioteca poderedes atoparlas todas. O resultado é fantástico!!!

https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2024/12/cancion-de-nadal.html


sábado, 30 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Este ano colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro para levar a cabo esta celebración. Os diferentes cursos do centro participaron en obradoiros  de ciencia que levou a cabo o Grupo de Investigación en cambio ambiental (GRICA).

No seguinte enlance tedes toda a información.

https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2024/11/mes-da-ciencia-en-galego-nas-bibliotecas_28.html



venres, 29 de novembro de 2024

25N

Dende o equipo da biblioteca preparouse unha selección de libros que tratan o tema da violencia de xénero para concienciar ao alumnado e a toda a comunidade educativa. Ademais durante esta semana recorreuse as distintas aulas de educación primaria para ler e despois comentar o libro : "Oso Tramposo" de Alfredo Gómez Cerdá. Resultou ser unha lectura moi adaptada que permitiu realmente reflexionar con todo o alumnado sobre a situación da violencia de xénero.



luns, 25 de novembro de 2024

25 DE NOVEMBRO.. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero o alumnado de Infantil asisitiu ao contocontos da fábula "Arturo e Clementina" onde se pon de manifesto a coeducación e estereotipos sexistas Unha vez rematado o conto fixemos as nosas particulares Clementinas baixo o lema 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
25 N de Biblioteca

venres, 8 de novembro de 2024

CONTOS SOBRE OS PERSONAXES DO SAMAÍN

Entre todo o alumnado de coñeceron algúns persoaxes que dan medo na nosa tradición. 

Saben quen é o Gatipedro, A bruxa dos dentes verdes,, o Tardo , a Tía Xuana.... e foi a esta a quen escolleron para facer unha historia entre todo o grupo. Aquí a tedes. 



O alumnado de 3º de educación primaria realizou un conto colectivo no que todos os protagonistas son os personaxes propios da mitoloxía galega que coñeceron durante esta celebración. A continuación podedes ler resultado. A nós encantounos!


xoves, 7 de novembro de 2024

O GATIPEDRO DE INFANTIL

Seguindo o PDI da biblioteca "Tradicións unindo xeracións" aceptando a invitación de Fidalgo a coñecer as diferentes personaxes que forman parte dos contos de historia de Galicia, o alumnado de infantil namorouse de Gatipedro, aquel gato de cor branco cun corno do cor escuro na cabeza. Este gato entra nas habitacións dos nenos e nenas polas noites mentres están durmindo e empeza a botar auga polo seu corniño. O neno ou a nena que escoita ese ruído mentres durme soña que está mexando e ... mexa na cama. Que divertido!!!!!🤣🤣

martes, 5 de novembro de 2024

LECTURAS TERRORÍFICAS

Coa chegada do Samaín e da man das nosas familias disfrutamos dunhas xornadas ben entretidas de "lecturas terroríficas". Que ben o pasamos coas historias do Gatipedro, Un Vampiro Peligrozo, A pantasma das bragas rotas....entre outras. Moitas grazas familias, sin a vosa colaboración non sería posible.🧡🧡🧡
leturas de Infantil

xoves, 24 de outubro de 2024

LIBROS PARA SAMAÍN

Este curso co motivo do noso proxecto anual: "Tradicións unindo xeracións" imos investigar sobre personaxes da mitoloxía galega para iso adquirimos varios libros para a biblioteca para investigar sobre o tema. Ademais realizamos unha exposición de libros sobre o medo na entrada do colexio. Agora xa sabedes...a pasar moito medo!!!!!! Jajajajajajaja!