sábado, 21 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA EDLG

 Outro ano máis o EDLG do noso centro propuxo os distintos cursos crear distintos tipos de poemas: pareados, caligramas, haikus e poemas quebra_ósos.

O día da poesía tamén é o día da árbore polo que colgaron as creacións literarias nas árbores da contorna do noso centro escolar.

Pulsando na seguinte imaxes poderedes acceder á entrada ao seu blog e ler e admirar os poemas inventados. 



xoves, 5 de marzo de 2026

RECEITAS DE ENTROIDO EDLG

 Grazas ao EDLG do noso centro, para o Entroido os diferentes cursos de educación infantil e educación primaria elaboraron receitas típicas desta época e propias tamén da nosa cultura. 

Deixámosvos o enlace á publicación:

https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2026/03/receitas-de-entroido.html


luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 Para o día de Rosalía, o EDLG do noso centro propúxonos inventar uns  versos a partir de palabras que Rosalía de Castro usou nos seus poemas para crear cancións. Cada clase inventou a súa estrofa e despois a partir delas e empregando a app Suno de intelixencia artificial, crearon as cancións. 

Deixámosvos o enlace á publicación das cancións:

https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/Rosal%C3%ADa%20de%20Castro




venres, 30 de xaneiro de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS PARA A PAZ

No día Escolar da Non Violencia e da Paz disfrutamos un montón con lecturas compartidas para a Paz.Ollade e veredes.!!!

  

LECTURAS COMPARTIDAS

luns, 26 de xaneiro de 2026

CURTAS POLA PAZ

 Con motivo da efeméride do Día da Paz de da non Violencia, decidimos reflexionar sobre como podemos actuar no noso día a día para mellorar a convivencia. Para iso  proxectamos cada día unha curta na biblioteca durante o recreo para despois falar e opinar sobre o que visionamos.

Foi moi enriquecedor!!!

Deixámosvos o cartel e o enlace ás curtas para que vós temén poidades velas e pensar en como a paz se constrúe día a día con pequenos xestos que fan que cambie o mundo.



martes, 20 de xaneiro de 2026

PDI ANUAL "SAN LUÍS INFORMA": OBXECTIVO 3 ODS: SAÚDE E BENESTAR

Grazas a este proxecto pretendemos formar ao noso alumnado para unha participación activa e comprometida coa sociedade complexa nas que nos toca vivir.

O primeiro obxectivo dos obxectivos de Desenvolvemento Sostible que traballamos este curso é o número 3: Saúde e Benestar.


O obxectivo abarca varias áreas de concienciación que decidimos repartir entre os distintos cursos:
EI: Alimentación saúdable, Hábitos saúdables e Hixiene e saúde.
1º ciclo de EP: Vacunas e potabilidade da auga
2º ciclo de EP: Malaria e enfermidades tropicais desatendidas
3º ciclo de EP: Mortalidade e lesións causadas por accidentes de tráfico.


Aquí vos deixamos co resultado das investigacións que levaron a cabo o alumnado neste primeiro trimestre do curso. Encántanos o resultado e invitámosvos a que o descubrades.


CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

martes, 13 de xaneiro de 2026

TALLER DE REGUEIFA

 O 13 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participaron nun taller de regueifa impartido por LUPE BLANCO e que nos foi ofertado polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Carballo.

Grazas a el aprenderon a gozar da arte da improvisación oral.

Moitísimas grazas ao concello de Carballo e a Lupe Blanco para compartir con nós a súa arte!



sábado, 27 de decembro de 2025

REGALO PARA NADAL DO CONCELLO DE CARBALLO

 Queremos agradecer o agasallo que recibimos por parte do concello de Carballo para Nadal: un lote de libros fantásticos que agora formaran parte do noso catálogo.

Moitísimas grazas!



venres, 19 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL!

 Compatimos con vós as recomendacións lectoras que elaboramos dende o equipo de biblioteca escolar para este Nadal. 

Moi boas festas e feliz lecturas!




venres, 28 de novembro de 2025

25N DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Este curso para concienciar sobre a eliminación da violencia contra a muller, os diferentes cursos estivemos lendo o conto de "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa" de Estela Moreno Bermúdez.

Finalmente o alumnado de 4º de educación primaria leu o conto a todas alumnas e alumnos do centro na biblioteca, cuns títeres que representaban as personaxes.

Tamén todo o profesorado e alumnado do centro participou na elaboración dun mural colectivo onde se poden ver os sorrisos de cada un deles para revindicar que "NINGUÉN NOS PODE ROUBAR O SORRISO". No mural tamén aparecen "eslogáns" en contra da violencia de xénero con diferentes tipoloxías de letras. No seguinte vídeo poderedes ver o resultado.


25N de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO