domingo, 18 de novembro de 2018

PREPARANDO O 25 DE NOVEMBRO

Compartimos este vídeo elaborado no CEIP Porto Cabeiro de Redondela, pois estes días estamos preparando a celebración do 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero. O primeiro será saber por que se celebra ese día. E este vídeo resposta a pregunta. Tamén escollemos unha canción que imos cantar ese día. Moito alumnado xa a sabe cos signos. Trátase da canción "La puerta violeta" de Rozalén. E non deixamos atrás o aspecto estético. Así que andamos entre pinturas, flores, obradoiro de pulseiras...

25 DE NOVEMBRO from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario