mércores, 27 de maio de 2020

O MEU XORNAL

Bo mércores!! Que tal estades lectores e lectoras? 📚 Lembraredes que, antes do parón que fixemos para repasar a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, cada día dedicabámolo a unha actividade diferente. Os mércores é día de artistadas e hoxe imos facer un xornal. Se estades listos, explícovos 💬


Ides confeccionar o xornal do voso propio "Eu" que reflicta o que é importante para vós no voso día a día. Como ides facelo? Pois do seguinte xeito. Estade ben atentos e atentas 👀

Elaboraredes cada sección do xornal redactando artigos, facendo caricaturas ou escribindo crónicas parecidas ás que se atopan nun xornal. Podedes incluír a seguinte lista de seccións:

📌 O logotipo. Cal será o nome ou distintivo do xornal?

📌 As novas. Relatos do que vos está a ocorrer ou do que vos ocorreu estes días.

📌 Os artigos. Pasatempos, libros, películas ou programas de televisión que vos gustan ou non.

📌 Humor. Que cousas vos resultaron divertidas ultimamente? Podedes presentalas en forma de tira cómica.

📌 Deportes. Que xogos ou deportes vos gustan máis?

📌 Sección de anuncios. Que che gustaría vender ou mercar?, que perdeches ou atopaches e queres devolver ao seu dono/a?...


Déixovos a ligazón ao xornal La Voz de Galicia en formato dixital por se queredes ollar algunha nova ou coller ideas.

La Voz de Galicia

Bo mércores,
Fidalgo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario