venres, 19 de xuño de 2020

BOAS VACACIÓNS, NON DEIXEDES DE SOÑAR

Lectores, lectoras, o curso 2019/2020 chega ao seu fin. Vivimos moitos momentos xuntos ao longo destes meses e outros xuntos aínda que fose a distancia. Agardo que todos eles estean na vosa memoria 😀 Moitas grazas por facelos posibles e parabéns por ser uns verdadeiros campións e campioas que, a pesar das circunstancias, traballastes arreo 🏆 e sempre cun sorriso 😀

Agora déixovos unhas recomendacións lectoras para este verán 📚


Hoxe remata este curso pero faino dunha forma un tanto extraña 😢 Gustaríame estar no colexio para desexarvos unhas boas vacacións pero eu estou aquí no meu hábitat natural e vós nos vosos fogares. Aínda así quero deixarvos unha mensaxe para estas vacacións: NON DEIXEDES DE SOÑAR 💓. 

Agora si, bo verán e boas vacacións 🌞 Non deixedes de lado a lectura pois transportaravos a lugares máxicos onde acontecen historias fascinantes 💓


Bicos a moreas, deses que duran dende hoxe ata setembro,
Fidalgo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario