martes, 22 de outubro de 2019

FORMACIÓN DE COLABORADOR@S

O alumnado colaborador de sexto do curso pasado xa está no instituto, así que precisamos novo alumnado. Por iso o primeiro é formalo. Ten unha función moi importante, ten que coñecer moi ben a biblioteca e as súas normas, porque grazas a este alumnado podemos ir tan a miudo.





Colaboración con Aloumiños

Comeza un curso máis o programa Cadelar, no que na nosa biblioteca algún alumnado fai terapia coa nosa querida Luva.



sábado, 12 de outubro de 2019

Benvid@s ao novo curso

Comezou un novo curso, e despois dunhas primeiras semanas en que nos dedicamos a cambiar o aspecto da nosa Biblioteca, mesmo a ubicación da zona de Infantil, invitámosvos a visitarnos canto antes, xa comezou o empréstito e agárdanvos moitas novidades.
Este curso continuaremos Zoqueando por Carballo, pero tamén imos desenvolver o proxecto a prol da Igualdade que foi  premiado pola Deputación da Coruña no 2019.
Esperámosvos con moitas sorpresas.


Custom Glitter Text