martes, 3 de decembro de 2019

A REALIDADE DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE

Hoxe, 3 de decembro, recibimos unha visita moi especial con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Pedro é un chico con discapacidade visual que nos contou cousiñas sobre o seu paso polo colexio da súa aldea, o instituto e a facultade, pois pese ás dificultades que poida ter, graduouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Tivemos a oportunidade de escoitar as súas vivencias, de facer preguntas... pero quedámonos coa súa mensaxe de facer unha vida o máis normal posible para todas e todos.


Moitas grazas Pedro!!

“Ser xusto non é dar o mesmo a todos e todas, senón dar a cada un en función das súas
necesidades. Así, a axuda non é un privilexio, é unha necesidade e un dereito”.

Marlene Horna Castiñeiras

luns, 2 de decembro de 2019

3 de decembro, Día das persoas con discapacidade


  1. OMS.- 10 datos sobre a discapacidade   ABRIR
  2. ABRIR
  3. DANZA MOBILE
Na nosa Biblioteca temos unha exposición e invitámoste a que a visites desde aquí. Son libros sobre inclusión e algúns de lectura fácil. Vai premendo nas portadas.

















venres, 29 de novembro de 2019

Día internacional contra a violencia de xénero

As nenas e nenos de todo o cole cantamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, para celebrar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que celebramos o luns 25 de novembro.

Como podedes ver, signamos o seu retrouso para facer dela unha canción máis inclusiva.

Traballamos tamén a historia das irmás Mirabal, tres mulleres que foron asasinadas por opoñerse a unha ditadura aló polo ano 1960. Eran coñecidas como "As bolboretas", de aí que levemos ese colar. A partir de agora a entrada do cole é unha pequena exposición de bolboretas que agardamos voen libres coma todas as persoas. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos!