luns, 16 de novembro de 2020

CIENTÍFICOS DA NOSA TERRA

Bo comezo de semana a todos e a todas!! Que tal estades? Hoxe tráiovos dous carteis con información sobre un científico e unha científica, pero non son uns calquera!! Son os nosos científicos. Sabedes por que digo nosos?? Porque naceron ben pretiño do noso colexio: Ángel Carracedo é de Santa Comba e Karina Pombo é da nosa localidade, de Carballo.

Se queredes saber un pouco máis sobre eles, aquí vos deixo un pouco de información.


Boa semana,



sábado, 14 de novembro de 2020

COMO SE DIBUJA UN GATO!

Este xoves o alumnado de 5 anos contou cunha colaboradora moi especial para ler o poema de Gloria Fuertes: "Como se dibuja un gato".  Queredes saber quen é?
Elisa, a  avoa de Paula, unha das mestras que imparte clase en 6º de Educación Infantil!!! Paula contoulles aos nenos e nenas que á súa avoa de 80 anos lle gustaba moito ler e facer exercicios de lóxica, entón non dubidaron en pedirlle a súa colaboración. É toda unha honra poder escoitar a Elisa, agardamos que poida deleitarnos con máis lecturas coma esta!!



Parabéns Elisa!! Fixéchelo xenial!!! Moitas grazas por agasallar a todo o colexio coa túa lectura!!! Unha apreta moi forte de tod@s!!!


AS EMOCIÓNS CO CONTO "O MONSTRO DE CORES"

Que grata sorpresa de sábado!! 😀😍 Os nenos e nena de 3 anos fixéronme chegar a súa primeira aportación para o PDI "Conto coa túa emoción". Logo de traballar co conto O monstro de cores, fixeron un pequeno vídeo con fotos das súas cariñas expresando alegría, rabia, tristeza, medo e calma. Podedes velo a continuación 👀


Moitas grazas pola vosa aportación e parabéns polo traballo 👏👏

Boa fin de semana,


xoves, 12 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Boa tarde a todos e a todas!! Como saberedes, hoxe comezaron a chegar ás aulas uns paquetiños que eu mesmo enviei. Xa os abristes?? Veriades que dentro deles ía un libro de ciencia e unha proposta de experimento que agardo fagades. Veña, animádevos e mandádeme fotos para subir ao blog 😀

Déixovos unha imaxe dos paquetiños preparados 😊


E aquí tedes as propostas de experimentos. Como vedes, están en galego pois este mes é o MES DA CIENCIA EN GALEGO.


Agardo as vosas fotos e vídeos 📷 e, sobre todo, que gocedes da ciencia 💫

Un saúdo para todos e todas,


mércores, 11 de novembro de 2020

RESUMO DAS NORMAS DE ACCESO Á BIBLIOSANLUÍS

Boa tarde amiguiños e amiguiñas!! Estou seguro de que estades a gozar moito das lecturas que ían nas caixas que enviei a cada unha das aulas, non si?

Hoxe veño para deixarvos un resumo das normas de acceso á Bibliosanluís. Estes carteis tamén os veredes na entrada á biblioteca. Lembrade que é moi importante cumprilas para a seguridade de todos e todas!!!



Ahhh!! E unha cousiña máis. Achéganse novidades, pois este mes imos celebrar o MES DA CIENCIA EN GALEGO e o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de novembro). Pronto vos achegarei as miñas propostas, estade atentos e atentas 👀

Saúdos e saúde,

venres, 6 de novembro de 2020

HORARIO DA BIBLIOTECA

Aquí vos deixo o horario asignado para que cada titoría acuda á biblioteca 📚 ⚠️Lembrade as normas de seguridade e hixiene⚠️


Boa fin de semana,

xoves, 5 de novembro de 2020

UNS VERSOS DE MANUEL MARÍA

Hoxe o alumnado de 5 anos, quíxonos agasallar co recitado dun bonito poema de Manuel María titulado "O arco da vella" 🌈 Agardo que o desfrutedes un montón!!👀👂



Un saúdo,


"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" DE RCC

Boa tarde lectoras e lectores!! Seguro que o curso pasado escoitastes falar de Ricardo Carvalho Calero, non si? Pois veredes, por mor da pandemia, a homenaxe a este autor non foi como nos gustaría polo que a Real Academia Galega decidiu retomar a celebración do Día das Letras Galegas no mes de outubro. Seguro que lembrades moitas cousas da vida e obra de Don Ricardo pois aló polo mes de maio traballouse desde a biblioteca e desde as aulas.

Eu estou aquí hoxe para compartir un fermoso vídeo que me fixo chegar o alumnado de 3.º de Educación Primaria e a súa titora, onde contan o conto titulado As pitas baixo a choiva do autor do que vimos a falar. Estou seguro de que vos encantará!! 😍 Eu estou abraiado de canto traballaron estes pequenos e pequenas e do ben que o fixeron. Moitos parabéns!!! 👏👏 E grazas por compartilo connosco 😀

Un saúdo para todos e todas,

domingo, 1 de novembro de 2020

MÁSCARAS TERRORÍFICAS E MEDOS FÓRA

Estes días xa vos fun ensinando un poquiño do ambiente de Samaín do cole pero tamén houbo outras actividades ben interesantes.

🎃Decorar máscaras terroríficas.

🎃Facer unha grilanda con símbolos de Samaín: pantasmas, gorros de bruxa, gatos, cabazas, caveiras... En cada un destes debuxos, as nenas e nenos escribiron/debuxaron unha cousa á que lle tiñan medo. Con isto fixemos grilandas, colgámolas por fóra das ventás e... medos fóra!!!

Agora déixovos un vídeo para que comprobedes canto traballan os nenos e nenas do noso cole.


Este Samaín dounos para traballar moito sobre o medo, unha emoción que moitas veces sentimos e unha das moitas que imos traballar no Proxecto Documental Integrado deste curso que se titula "Conto coa túa emoción". Xa temos creada unha etiqueta con este nome; pinchando nela atoparedes todas as actividades que imos realizando sobre esta temática.

Un saúdo,

XOVES POÉTICO!!

Como xa sabedes os xoves de cada semana ao voso pequeno trasno gústalle escoitar un pequeno poema, o último xoves, 29 de outubro, escoitei polo colexio un poema escrito polo meu amigo Federico García Lorca na voz duns picariños de 5 anos. Escoitade, escoitade con atención 👂👂