xoves, 18 de marzo de 2021

21 MARZO: DÍA DA POESÍA

O próximo 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. Para conmemoralo estamos a preparar uns poemas de Xela Arias. Sabedes quen é? Velaquí vos deixo algúns datos.


Ademais, na entrada do colexio temos unha exposición de libros de poesía.



Continuamos traballando sobre os poemas. Pronto gravaremos un vídeo recitando os escollidos.

Un saúdo,





martes, 16 de marzo de 2021

Novas do 8M

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e, como sabedes, esa mesma semana tamén se conmemoraba a Semana da Prensa. Con este motivo, as nenas e nenos de 5.º de Educación Primaria realizaron unha busca de novas relacionadas coa temática e quixeron compartilas con todos nós.






Moi bo traballo rapazas e rapaces!! 👏👏 Moitas grazas polas fotos.

Un saúdo,


sábado, 13 de marzo de 2021

AS MULLERES DA NOSA VIDA

O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. É por isto que todas as nenas e nenos do colexio creamos un precioso xardín de flores referido ás mulleres da nosa vida. E quen son? As nosas mamás, avoas, curmás, tías... 

Velaquí podedes ver este fermoso traballo 😍😍 Antes de que o vexades, vouvos contar un segredo, familias. Mentres o alumnado estaba a facer esta tarefa, eu estiven observándoos e, en moitos casos, foilles complicado escoller a unha soa muller pois sodes moitas especiais nas nosas vidas!!

Ademais estes días na entrada do colexio fixemos unha exposición de libros sobre a temática 📚

Un saúdo,



martes, 9 de marzo de 2021

A NOSA CURTAMETRAXE SAE NA TELE

Que ledo estou!!! A nosa curtametraxe titulada "Mariluz avestruz" coa que participamos na convocatoria "Nós tamén creamos!" vaise emitir hoxe, martes 9 de marzo de 2021, na TVG2 arredor das 19.00h. Agárdovos diante das pantallas para vela, eu non mo perdo!!

Estou moi orgulloso de vós, nenas e nenos 😍😍


Novamente, os meus parabéns!!

sábado, 6 de marzo de 2021

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Ola amiguiños e amiguiñas, como xa sabedes este luns día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e, para esta data tan especial, achégovos unhas cantas propostas. Agardo que gocedes delas!!!

MULLERES ESPECIAIS DAS NOSAS VIDAS

A primeira proposta consiste en pensar que mulleres son moi importantes e especiais nas nosas vidas e por que. Para iso, deixeivos nas clases un modelo para que poidades escribir e debuxar algo sobre elas. Moito ánimo, agardo ansioso as vosas respostas!!

BUSCA DE NOVAS NO XORNAL

Ao longo destes días, aproveitando que a semana do 8 ao 12 se celebra a semana da prensa, buscade novas sobre a temática.

ANUNCIO DA TRANSFORMACIÓN DAS MULLERES NA ARTE

De seguro sodes coñecedores de que me apaixoa a arte e, por este motivo, achégovos este vídeo de Philip Scott Johnson no que se ve a transformación das mulleres na arte co paso do tempo. Espero que vos guste e que dialoguedes na clase sobre o seu contido!!


CANCIÓNS SOBRE A TEMÁTICA
A música, outra das miñas paixóns!! Que sería a vida sen música? Non o quero nin imaxinar...😖 Velaquí tedes diferentes cancións sobre a temática. Escoitádeas na clase e, ademais de cantalas, podedes reflexionar en conxunto sobre o que contan.

Sés - Non son fada


Guadi Galego - Matriarcas


Mari Trini - Yo no soy esa

ANUNCIO DE DETERXENTE
Por outra banda, déixeivos este vídeo que, de seguro, xa o vistes na televisión. É un anuncio de deterxente!! pero cun toque diferente, parece que, por fin, están cambiando a maneira de achegarnos a publicidade e agora xa inclúen a figura de homes e mulleres de forma cada vez máis igualitaria. A vos que vos parece? 

Agardo que gocedes moito das propostas e que sexades nenas e nenos críticos, que loitedes contra todo tipo de desigualdade e discriminación!! Construamos entre todos/as un mundo mellor 🌍


Un saúdo,





"Vivir e deixar que vivas", Sés

mércores, 24 de febreiro de 2021

UN POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

Nesta data tan especial, as crianzas de 6º de Educación Infantil quixéronnos agasallar co recitado dun poema de Rosalía de Castro que leva por nome "Vente rapasa", agardo que gocedes moito co traballo destes peques!!😀

Un saúdo,






luns, 22 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO: Día de Rosalía

O próximo día 24 celebramos o DÍA DE ROSALÍA. Gustaríame facervos unha proposta en forma de xogo pero, para iso, precisades ler con atención unha pequena biografía que elaboramos no colexio.

Agora, empregando o seguinte rosco, imos comprobar canto sabedes sobre Rosalía de Castro. Estades preparados/as?? En 3... 2... 1... comezamos!!! 🚀

Agora déixovos un fermoso vídeo con algúns poemas do libro Follas novas.

Un saúdo,



domingo, 14 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

Bo día lectoras e lectores!! Como estades? Xa vin que estes días estivestes festexando o Entroido, non si? Estabades moi guapos/as cos complementos que vos mandaba a meca cada día!!! 😍 E que dicir do día que vos disfrazastes... a algúns/algunhas non vos recoñecía!!!

Velaquí vos deixo un vídeo que recompila brevemente como foi esta semana de Entroido no noso colexio.



Agardo que vos gustasen os libros propostos sobre esta temática 📚

Boas vacacións!! Coidádevos moito,


xoves, 4 de febreiro de 2021

CELEBRACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Benvidos e benvidas a esta publicación sobre a celebración do Día Escolar da non Violencia e a Paz. Comezo por amosarvos as recomendacións lectoras sobre esta temática 📚☮️



Como sabedes, este ano, dedicámoslle a semana do 25 ao 29 de xaneiro, traballando cada día sobre un reto que vos propoñía en forma de código QR.


Queredes ver como desenvolveron os retos as nenas e nenos das demais aulas do colexio?? Velaquí vos deixamos vídeos e fotos 📷

4.º EDUCACIÓN INFANTIL

5.º EDUCACIÓN INFANTIL







6.º EDUCACIÓN INFANTIL












1.º EDUCACIÓN PRIMARIA


2.º EDUCACIÓN PRIMARIA

ç

3.º EDUCACIÓN PRIMARIA



4.º EDUCACIÓN PRIMARIA

5.º EDUCACIÓN PRIMARIA





6.º EDUCACIÓN PRIMARIA


E agora déixovos as fotos que todos e todas fixemos diante do MURO DA PAZ  figurando, en cada ladrillo, a palabra paz en diferentes idiomas.

Moitas grazas pola vosa participación e implicación,


xoves, 28 de xaneiro de 2021

SAIMOS NA TVG

Sabiades que onte o noso colexio salíu na TVG?? Pois sii, o alumnado de 6.º de Educación Infantil e dúas mestras foron convidadas/os a participar no programa "Quen anda aí?" para falar do premio acadado no concurso "Nós tamén creamos!".

Queredes ver a súa aparición na tele? Velaquí vos deixo un vídeo:

Éncheme de orgullo que a nosa rapazada se implicase tanto na adaptación do conto 💓 E a vós, familias, millóns de grazas por achegar onte á tarde ao colexio a todos os actores e actrices para poder participar nesta proposta. Millóns de grazas!! 😍

Un saúdo,