Ola amiguiños e amiguiñas, como xa sabedes este luns día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e, para esta data tan especial, achégovos unhas cantas propostas. Agardo que gocedes delas!!!
MULLERES ESPECIAIS DAS NOSAS VIDAS
A primeira proposta consiste en pensar que mulleres son moi importantes e especiais nas nosas vidas e por que. Para iso, deixeivos nas clases un modelo para que poidades escribir e debuxar algo sobre elas. Moito ánimo, agardo ansioso as vosas respostas!!
BUSCA DE NOVAS NO XORNAL
Ao longo destes días, aproveitando que a semana do 8 ao 12 se celebra a semana da prensa, buscade novas sobre a temática.
ANUNCIO DA TRANSFORMACIÓN DAS MULLERES NA ARTE
De seguro sodes coñecedores de que me apaixoa a arte e, por este motivo, achégovos este vídeo de Philip Scott Johnson no que se ve a transformación das mulleres na arte co paso do tempo. Espero que vos guste e que dialoguedes na clase sobre o seu contido!!
Agardo que gocedes moito das propostas e que sexades nenas e nenos críticos, que loitedes contra todo tipo de desigualdade e discriminación!! Construamos entre todos/as un mundo mellor 🌍
Un saúdo,
"Vivir e deixar que vivas", Sés
Ningún comentario:
Publicar un comentario