venres, 19 de marzo de 2021

DÍA 1 SEMANA EMOCIONANTE

Hoxe comezamos a semana emocionante!! Estades preparados e preparadas para o reto de hoxe? Vouvos explicar:

PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O voso reto é unha exposición de fotografías. Empregando pratos de cartón cortados á metade, debuxaredes neles diferentes expresións da boca: alegría, tristeza, enfado... Unha vez feitos, usarédelos para fotografar a vosa cara con eles diante. Vós unicamente debedes expresar esa emoción cos ollos.


PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O voso reto consiste en elaborar un dicionario de emocións onde consten as seguintes:

  • Alegría.
  • Medo.
  • Tristeza.
  • Enfado.
  • Calma.
  • Sorpresa.
  • Asco.

Como o ides facer? A parte gráfica corresponde ao alumnado de 4.º e 5.º de Eduación Infantil pois será o encargado de fotografarse expresando ditas emocións. Xunto ás fotografías, escribiredes a emoción correspondente, así como tamén a súa definición; por unha banda, o que significa para vós e, por outra, a que recolle o dicionario.

Cada curso realizará o seu propio dicionario para que, dende agora, forme parte da vosa biblioteca de aula.

Velaquí tedes as imaxes das emocións:

Moito ánimo coas propostas!! E lembrade, coma sempre, compartir o proceso e o resultado enviando fotos ao correo da biblioteca.



Ningún comentario:

Publicar un comentario