luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA 23 DE FEBREIRO


 Este ano para a celebración do día de Rosalía, o día 23 de febreiro,  todo o colexio colaborou coa proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizando un vídeo colaborativo sobre a vida e obra da autora. 

Ese día preparamos a biblioteca para a gran estrea da docu-serie "Unha viaxe pola vida de Rosalía". Fixéronse dous pases, primeiro asistimos todo o alumnado e profesorado e despois as familias. 

Como xa sabedes, este ano o tema anual elixido no colexio é "Xeracións unindo tradicións", polo que aproveitamos a ocasión para encargarlle os oleiros de Buño que nos realizaran un prato coa figura de Rosalía de Castro e formase parte deste espazo. Pareceunos que o seu referente debía ter o seu lugar na nosa biblioteca polo que significa para a transmisión e defensa do galego tanto a nivel escrito como oral e tamén como muller.

Ademais a olería forma parte dun oficio tradicional da comarca e este curso polo Entroido iremos disfrazados de oficios tradicionais, polo que tamén é unha maneira de promocionar e valorar a nosa cultura e tradicións.

 
O alumnado de 2ª de educación primaria recitou o poema de Rosalía de Castro "Pra Habana". Quedoulles xenial!!! Mirade o resultado:
 
 

 
A continuación deixámosvos tamén os enlaces ao blog do equipo de EDLG do noso centro para que poidades visualizar a docu-serie e actividades relacionadas coa vida e obra de Rosalía de Castro.



Enlace ao blog do EDLG con toda a información:

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

luns, 3 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ

Lembrades a carta que Fidalgo nos enviou convidándonos a recitar un poema da Paz?, pois nós o alumnado de 2º de Ed.Primaria recitamos o poema "Só tres letras" de Gloria Fuertes. Agardamos que vos guste!!!😀
Video Youtube Cuenta Atras Temporizador Organico Pastel de Biblioteca Tamén quixemos clamar ben alto PAZ;PAZ;PAZ
Paz de Biblioteca

venres, 31 de xaneiro de 2025

30 de Xaneiro. Día da Paz

Tras recibir a carta de Fildalgo convidándonos a recitar un poema da Paz, o alumnado de infantil non o dubidou e elexiu o poema "A pombiña Branca" de Gloria Sánchez. Agardamos que vos guste!!!😀😀
pombiña branca.mp4 de Biblioteca

xoves, 30 de xaneiro de 2025

MERENDA POLA PAZ

 O día 30 de xaneiro organizamos na biblioteca unha MERENDA PARA A PAZ. Entendemos que a PAZ é compartir, desfrutar da compañía, axudar, ... así que decidimos xuntarnos na hora do recreo na biblioteca para tomar  chocolate con leite. Durante esta actividade visualizamos na pantalla dixital  dous contos para a PAZ e escoitamos cancións relacionadas co tema. Estas propostas están recollidas no seguinte Genially para que tamén as poidan realizar dende as aulas ou dende as casas.

Nesta entrada tamén recóllese un pequeno vídeo onde aparecen unha reompilación de fotos destes día sinalado.


día da PAZ de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

martes, 21 de xaneiro de 2025

TALLER DE REGUEIFA

O día 16 de xaneiro o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de regueifa que forma parte do programa Enreguéifate impulsado por diferentes concellos, entre eles o de Carballo. Este taller adáptase de marabilla ao noso proxecto anual "Tradicións unindo Xeracións" A regueifa é algo propio da nosa comarca, especialmente na época dos nosos avós/avoas e bisavós/bisavoas. Afortunadamente, dende fai uns anos, contamos cada vez con persoas que están a revivir a maxia desta improvisación oral en verso, promovéndose diferentes actividades deste tipo onde poden participar persoas de diferentes idades. O EDLG do noso centro impulsa estas actividades e podedes ver o resultado no seu blog. Queredes ver como foi esta sesión con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira? Pulsade no seguinte enlace. https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/obradoiro-de-regueifa.html

luns, 20 de xaneiro de 2025

PROPOSTA CELEBRACIÓN DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 A continuación deixámosvos a carta que escribiu Fidalgo ao alumnado e profesorado do centro para o día da non violencia e da paz. Invitounos tamén a aprender e recitar unha poesía para conmemorar este día.


xoves, 9 de xaneiro de 2025

2025 ANO CASTELAO

Este ano 2025 celébrase o Ano de Castelao. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro elaboraron este Symbaloo con ligazóns de interese sobre este persoeiro. Nel poderedes atopar información sobre a súa vida e obra, novas de diferentes xornais, materiais da Fundación Castelao, imaxes e incluso actividades interactivas. Tamén prepararon no centro un recuncho físico con materiais sobre Castelao Nel atoparedes: - Unha escolma de libros do autor. - Unha frase representativa sobre o que sinte el cara a lingua galega. - Un cartel cun código QR que da acceso a un Symbaloo de recursos. - Novas sobre a temática. Pinchando nas seguintes ligazóns accederedes a toda a información no blog do EDLG. https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/2025-ano-de-castelao.html https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/espazo-de-castelao.html

domingo, 22 de decembro de 2024

AGASALLO DO CONCELLO DE CARBALLO


 O Concello de Carballo agasallounos cuns libros fantásticos. Axiña estarán dispoñibles nos estantes da nosa biblioteca.

Moitísimas grazas!


venres, 20 de decembro de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Compatimos con vós as recomendacións lectoras que elaboramos dende o equipo de biblioteca escolar para este Nadal. Moi boas festas e feliz lecturas!






luns, 16 de decembro de 2024

CANCIÓNS COLABORATIVAS DE NADAL EN GALEGO

 Para este Nadal,o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxéronnos a todo o centro a elaboración dunha estrofa por aula para crear varias cancións de xeito colaborativo. Ofrecéronnos unha listaxe de posibles palabras relacionadas coa temática e con elas os diferentes cursos elaboraron as estrofas. Despois empregaron  a aplicación "Suno" de intelixencia artificial, para crear  as cancións.

Estas cancións soaron pola megafonía do centro nas entradas e saídas do centro. No seguinte enlace ao blog da biblioteca poderedes atoparlas todas. O resultado é fantástico!!!

https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2024/12/cancion-de-nadal.html