xoves, 3 de abril de 2025

ENCONTRO CO AUTOR DAVID RODRÍGUEZ

 Hoxe tivemos a sorte de recibir na biblioteca ao escritor David Rodríguez, autor do libro Superavoa. 

Veunos contar aos alumnos de 1º, 2º e 3º de educación primaria o libro titulado O tren Fantasma de María Oruña.

Pasámolo incrible e ademais ao final do conto cantamos xuntos a canción de Andrés do Barro "O tren" e David tocou a guitarra!!!





luns, 24 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA da POESÍA e o Día da ÁRBORE e todo o centro sumámonos a proposta feita polo EDLG do centro para dar continuidade a unha actividade realizada en anos anteriores.

Recitamos poemas en galego e subíronnos ou blog do EDLG xerando un código QR que se incluíu nos carteis que se elaboraron para colgalos nas árbores da contorna do noso colexio para que todas as familias do centro e veciños de Carballo poidan gozar deles.

A continuación deixámosvos ao enlace a entrada do blog onde poderedes escoitar todos os poemas recitados polo alumnado.

https://moitalinguasanluis.blogspot.com/search/label/D%C3%ADa%20da%20Poes%C3%ADa



venres, 14 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa o alumnado do centro estivo traballando co prensa. A contiación deixámovos o mural que expuxemos na entrada da biblioteca e un vídeo onde se pode ver como o alumnado de educación infantil se familiariarizou ca prensa. Mirade que traballiños fixemos.

 






emana de Biblioteca

xoves, 27 de febreiro de 2025

TALLER DE LITERATURA: PEIZOQUE ROQUE (DORES TEMBRÁ).

O xoves 27 de febreiro, o alumnado de 2º de educación primaria recibiu unu obradoiro de poesía  por parte de Dores Tembrá. Este obradoiro foi ofertado polo concello de Carballo. 
Dores é a autora do libro "O peizoque Roque". No seu libro o peizoque Roque busca palabras polo bosque para sobrevivir. Por iso, no seu taller os nenos e as nenas da clase  ían botándolle palabras para alimentalo durante a lectura e despois cada un foi escribindo e debuxando as palabras coas que lles gustaría darlle de comer ao peizoque Roque.

luns, 24 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA 23 DE FEBREIRO


 Este ano para a celebración do día de Rosalía, o día 23 de febreiro,  todo o colexio colaborou coa proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizando un vídeo colaborativo sobre a vida e obra da autora. 

Ese día preparamos a biblioteca para a gran estrea da docu-serie "Unha viaxe pola vida de Rosalía". Fixéronse dous pases, primeiro asistimos todo o alumnado e profesorado e despois as familias. 

Como xa sabedes, este ano o tema anual elixido no colexio é "Xeracións unindo tradicións", polo que aproveitamos a ocasión para encargarlle os oleiros de Buño que nos realizaran un prato coa figura de Rosalía de Castro e formase parte deste espazo. Pareceunos que o seu referente debía ter o seu lugar na nosa biblioteca polo que significa para a transmisión e defensa do galego tanto a nivel escrito como oral e tamén como muller.

Ademais a olería forma parte dun oficio tradicional da comarca e este curso polo Entroido iremos disfrazados de oficios tradicionais, polo que tamén é unha maneira de promocionar e valorar a nosa cultura e tradicións.

 
O alumnado de 2ª de educación primaria recitou o poema de Rosalía de Castro "Pra Habana". Quedoulles xenial!!! Mirade o resultado:
 
 

 
A continuación deixámosvos tamén os enlaces ao blog do equipo de EDLG do noso centro para que poidades visualizar a docu-serie e actividades relacionadas coa vida e obra de Rosalía de Castro.



Enlace ao blog do EDLG con toda a información:

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

luns, 3 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ

Lembrades a carta que Fidalgo nos enviou convidándonos a recitar un poema da Paz?, pois nós o alumnado de 2º de Ed.Primaria recitamos o poema "Só tres letras" de Gloria Fuertes. Agardamos que vos guste!!!😀
Video Youtube Cuenta Atras Temporizador Organico Pastel de Biblioteca Tamén quixemos clamar ben alto PAZ;PAZ;PAZ
Paz de Biblioteca

venres, 31 de xaneiro de 2025

30 de Xaneiro. Día da Paz

Tras recibir a carta de Fildalgo convidándonos a recitar un poema da Paz, o alumnado de infantil non o dubidou e elexiu o poema "A pombiña Branca" de Gloria Sánchez. Agardamos que vos guste!!!😀😀
pombiña branca.mp4 de Biblioteca

xoves, 30 de xaneiro de 2025

MERENDA POLA PAZ

 O día 30 de xaneiro organizamos na biblioteca unha MERENDA PARA A PAZ. Entendemos que a PAZ é compartir, desfrutar da compañía, axudar, ... así que decidimos xuntarnos na hora do recreo na biblioteca para tomar  chocolate con leite. Durante esta actividade visualizamos na pantalla dixital  dous contos para a PAZ e escoitamos cancións relacionadas co tema. Estas propostas están recollidas no seguinte Genially para que tamén as poidan realizar dende as aulas ou dende as casas.

Nesta entrada tamén recóllese un pequeno vídeo onde aparecen unha reompilación de fotos destes día sinalado.


día da PAZ de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

martes, 21 de xaneiro de 2025

TALLER DE REGUEIFA

O día 16 de xaneiro o alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de regueifa que forma parte do programa Enreguéifate impulsado por diferentes concellos, entre eles o de Carballo. Este taller adáptase de marabilla ao noso proxecto anual "Tradicións unindo Xeracións" A regueifa é algo propio da nosa comarca, especialmente na época dos nosos avós/avoas e bisavós/bisavoas. Afortunadamente, dende fai uns anos, contamos cada vez con persoas que están a revivir a maxia desta improvisación oral en verso, promovéndose diferentes actividades deste tipo onde poden participar persoas de diferentes idades. O EDLG do noso centro impulsa estas actividades e podedes ver o resultado no seu blog. Queredes ver como foi esta sesión con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira? Pulsade no seguinte enlace. https://moitalinguasanluis.blogspot.com/2025/01/obradoiro-de-regueifa.html

luns, 20 de xaneiro de 2025

PROPOSTA CELEBRACIÓN DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 A continuación deixámosvos a carta que escribiu Fidalgo ao alumnado e profesorado do centro para o día da non violencia e da paz. Invitounos tamén a aprender e recitar unha poesía para conmemorar este día.