venres, 19 de xuño de 2020

BOAS VACACIÓNS, NON DEIXEDES DE SOÑAR

Lectores, lectoras, o curso 2019/2020 chega ao seu fin. Vivimos moitos momentos xuntos ao longo destes meses e outros xuntos aínda que fose a distancia. Agardo que todos eles estean na vosa memoria 😀 Moitas grazas por facelos posibles e parabéns por ser uns verdadeiros campións e campioas que, a pesar das circunstancias, traballastes arreo 🏆 e sempre cun sorriso 😀

Agora déixovos unhas recomendacións lectoras para este verán 📚


Hoxe remata este curso pero faino dunha forma un tanto extraña 😢 Gustaríame estar no colexio para desexarvos unhas boas vacacións pero eu estou aquí no meu hábitat natural e vós nos vosos fogares. Aínda así quero deixarvos unha mensaxe para estas vacacións: NON DEIXEDES DE SOÑAR 💓. 

Agora si, bo verán e boas vacacións 🌞 Non deixedes de lado a lectura pois transportaravos a lugares máxicos onde acontecen historias fascinantes 💓


Bicos a moreas, deses que duran dende hoxe ata setembro,
Fidalgo.

xoves, 18 de xuño de 2020

TELEFIDALGO PRESENTA...

Fai un tempo, no colexio, estabamos preparando uns telexornais sobre mulleres fotógrafas co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e relacionándoo coa fotografía que é a temática do proxecto da biblioteca deste ano. O coronavirus colleunos en plena gravación polo que non puidemos rematar todos os telexornais... Aínda así, déixovos os que fixemos ata o momento 😊

MARY QUINTERO


HÉLÈNE DUJARDÍN


RUTH MATILDA ANDERSEN


FILOMENA DÍAZ VILLADA


JUANA CABELLO SAMITIER


MARÍA CARDARELLY


CORONA GONZÁLEZ SANTOS


SABINA MUCHART

Un bico moi forte,
Fidalgo.

mércores, 17 de xuño de 2020

FACEMOS UN MARCO DE FOTOS

Moi bos días a todos e a todas!! Hoxe é día de artistada 🎨 Agora que xa está a piques de rematar o curso, seguro que todos/as tedes algunha foto que queredes enmarcar porque vos trae un bo recordo: dos amigos/as, dalgunha excursión... Pois hoxe tráiovos uns vídeos de Art Attack onde podedes aprender como facer un marco de fotos.

Imos aló 😊




Seguro que vos quedan unhas fotos preciosas 😍😍

Agardo que teñades un bo día,
Fidalgo.

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS INGLÉS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe César envía estas tarefas de Inglés para o alumnado de 6º de Educación Primaria. 
Moito ánimo!!

AQUELATORIO MAKER

Bo día raparigos e raparigas!! Apetécevos unha actividade maker? Pois vouvos deixar un vídeo 📷 onde veredes como construír un foguete de auga. Animádesvos? Pode ser un xogo entretido para o verán 🌞



Moito ánimo argalleiros!! Un saúdo,
Fidalgo.





luns, 15 de xuño de 2020

ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 15 ao 19 de Xuño. 
Moito ánimo!!

Tarefas


UN BECHO EXTRAÑO

Bo luns rapaces e rapazas!! Estades preparados/as para afrontar esta última semana de curso?? Seguro que si. Pois ben, hoxe veño recomendarvos un conto titulado Un becho extraño. Coñecédelo? Algúns seguro que si, pois témolo na biblioteca.



Gozade da súa escoita,
Fidalgo.

venres, 12 de xuño de 2020

UNHAS CURTAMETRAXES

Rematamos a semana e imos facelo con dúas curtametraxes. Ollos abertos 👀, orellas escoitando 👂👂 e comezamos!!

La luna 🌛


Lambs

Boa fin de semana. Vémonos de volta o luns. Collede enerxía que será a última semana deste curso 😥



xoves, 11 de xuño de 2020

TRABALINGUAS

Mércores!! Xa estamos a metade de semana. Como ides de ánimo e enerxía? Hoxe vou comezar por darvos as respostas ás adiviñas de onte.




Agora un trabalinguas 💬😛 Animádesvos a mandarme un vídeo ou audio dicíndoo?

Cuando cuentas cuentos
nunca sabes cuántos cuentas,
así que, cuando cuentes cuentos,
cuenta cuántos cuentos cuentas
y me dices cuántos cuentas.

Un saudiño,
Fidalgo.



mércores, 10 de xuño de 2020

ADIVIÑAS

Bo día lectores e lectoras!! Como sei que vos gustan as propostas de darlle aos miolos, velaquí vos deixo unha adiviñas. Seredes quen de dar coa solución? Seguro que si 💪💪




Mañá darei a solución, agardo recibir antes as vosas respostas!!

Un saudiño,
Fidalgo.