sábado, 14 de novembro de 2020

COMO SE DIBUJA UN GATO!

Este xoves o alumnado de 5 anos contou cunha colaboradora moi especial para ler o poema de Gloria Fuertes: "Como se dibuja un gato".  Queredes saber quen é?
Elisa, a  avoa de Paula, unha das mestras que imparte clase en 6º de Educación Infantil!!! Paula contoulles aos nenos e nenas que á súa avoa de 80 anos lle gustaba moito ler e facer exercicios de lóxica, entón non dubidaron en pedirlle a súa colaboración. É toda unha honra poder escoitar a Elisa, agardamos que poida deleitarnos con máis lecturas coma esta!!



Parabéns Elisa!! Fixéchelo xenial!!! Moitas grazas por agasallar a todo o colexio coa túa lectura!!! Unha apreta moi forte de tod@s!!!


AS EMOCIÓNS CO CONTO "O MONSTRO DE CORES"

Que grata sorpresa de sábado!! 😀😍 Os nenos e nena de 3 anos fixéronme chegar a súa primeira aportación para o PDI "Conto coa túa emoción". Logo de traballar co conto O monstro de cores, fixeron un pequeno vídeo con fotos das súas cariñas expresando alegría, rabia, tristeza, medo e calma. Podedes velo a continuación 👀


Moitas grazas pola vosa aportación e parabéns polo traballo 👏👏

Boa fin de semana,


xoves, 12 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Boa tarde a todos e a todas!! Como saberedes, hoxe comezaron a chegar ás aulas uns paquetiños que eu mesmo enviei. Xa os abristes?? Veriades que dentro deles ía un libro de ciencia e unha proposta de experimento que agardo fagades. Veña, animádevos e mandádeme fotos para subir ao blog 😀

Déixovos unha imaxe dos paquetiños preparados 😊


E aquí tedes as propostas de experimentos. Como vedes, están en galego pois este mes é o MES DA CIENCIA EN GALEGO.


Agardo as vosas fotos e vídeos 📷 e, sobre todo, que gocedes da ciencia 💫

Un saúdo para todos e todas,


mércores, 11 de novembro de 2020

RESUMO DAS NORMAS DE ACCESO Á BIBLIOSANLUÍS

Boa tarde amiguiños e amiguiñas!! Estou seguro de que estades a gozar moito das lecturas que ían nas caixas que enviei a cada unha das aulas, non si?

Hoxe veño para deixarvos un resumo das normas de acceso á Bibliosanluís. Estes carteis tamén os veredes na entrada á biblioteca. Lembrade que é moi importante cumprilas para a seguridade de todos e todas!!!



Ahhh!! E unha cousiña máis. Achéganse novidades, pois este mes imos celebrar o MES DA CIENCIA EN GALEGO e o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de novembro). Pronto vos achegarei as miñas propostas, estade atentos e atentas 👀

Saúdos e saúde,

venres, 6 de novembro de 2020

HORARIO DA BIBLIOTECA

Aquí vos deixo o horario asignado para que cada titoría acuda á biblioteca 📚 ⚠️Lembrade as normas de seguridade e hixiene⚠️


Boa fin de semana,

xoves, 5 de novembro de 2020

UNS VERSOS DE MANUEL MARÍA

Hoxe o alumnado de 5 anos, quíxonos agasallar co recitado dun bonito poema de Manuel María titulado "O arco da vella" 🌈 Agardo que o desfrutedes un montón!!👀👂



Un saúdo,


"AS PITAS BAIXO A CHOIVA" DE RCC

Boa tarde lectoras e lectores!! Seguro que o curso pasado escoitastes falar de Ricardo Carvalho Calero, non si? Pois veredes, por mor da pandemia, a homenaxe a este autor non foi como nos gustaría polo que a Real Academia Galega decidiu retomar a celebración do Día das Letras Galegas no mes de outubro. Seguro que lembrades moitas cousas da vida e obra de Don Ricardo pois aló polo mes de maio traballouse desde a biblioteca e desde as aulas.

Eu estou aquí hoxe para compartir un fermoso vídeo que me fixo chegar o alumnado de 3.º de Educación Primaria e a súa titora, onde contan o conto titulado As pitas baixo a choiva do autor do que vimos a falar. Estou seguro de que vos encantará!! 😍 Eu estou abraiado de canto traballaron estes pequenos e pequenas e do ben que o fixeron. Moitos parabéns!!! 👏👏 E grazas por compartilo connosco 😀

Un saúdo para todos e todas,

domingo, 1 de novembro de 2020

MÁSCARAS TERRORÍFICAS E MEDOS FÓRA

Estes días xa vos fun ensinando un poquiño do ambiente de Samaín do cole pero tamén houbo outras actividades ben interesantes.

🎃Decorar máscaras terroríficas.

🎃Facer unha grilanda con símbolos de Samaín: pantasmas, gorros de bruxa, gatos, cabazas, caveiras... En cada un destes debuxos, as nenas e nenos escribiron/debuxaron unha cousa á que lle tiñan medo. Con isto fixemos grilandas, colgámolas por fóra das ventás e... medos fóra!!!

Agora déixovos un vídeo para que comprobedes canto traballan os nenos e nenas do noso cole.


Este Samaín dounos para traballar moito sobre o medo, unha emoción que moitas veces sentimos e unha das moitas que imos traballar no Proxecto Documental Integrado deste curso que se titula "Conto coa túa emoción". Xa temos creada unha etiqueta con este nome; pinchando nela atoparedes todas as actividades que imos realizando sobre esta temática.

Un saúdo,

XOVES POÉTICO!!

Como xa sabedes os xoves de cada semana ao voso pequeno trasno gústalle escoitar un pequeno poema, o último xoves, 29 de outubro, escoitei polo colexio un poema escrito polo meu amigo Federico García Lorca na voz duns picariños de 5 anos. Escoitade, escoitade con atención 👂👂
 



venres, 30 de outubro de 2020

XOGA QUE TE XOGA!!!

Estes días nos que o outono, as castañas, as cabazas e o medo foron os protagonistas tamén quixemos levar aos patios algún que outro xogo, sempre por suposto respectando as zonas dos Grupos Estables de Convivencia. Aquí tedes unha pequena escolma dalgúns deles.

ATÍNALLE Á PANTASMA!!!

Cunha pequena cesta, un mantel e unha moedas pasámolo en grande no patio!!

Cada xogad@r tiña 3 moedas, desde unha distancia marcada tiñan que intentar introducir as moedas no cesto da pantasma, se o conseguían recompensábaselle con outras 2 moedas, se quedaban dentro do mantel dábaselle 1 e se caía fóra non se lle daba ningunha máis.






EQUILIBRISTAS DE CASTAÑAS!!!

Desta vez uns pratos de cartón e unhas castañas foron os protagonistas, o xogo consistía en que cada xogad@r debía levar un prato cunha castaña dentro nas costas e intentar tranportalo dunha liña a outra marcada previamente. 





TIRA A CASTAÑA!!

Outro xogo no que a castaña foi a protagonista, @s xogador@s debían lanzar unha castaña para poder introducila na boca dun famento ratiño, pasámolo en grande!!!



COIDADO CO GLOBO!!

Asegurando diversión cuns cantos globos!! Mirade, mirade...👀

Despois de inchar uns cantos globos xogamos a tres xogos diferentes:

1º. @s xogador@s non podían permitir que o globo tocáse o chan polo que tiñan que estar moi atent@s
 e darlle toquiños para mantelo suspendido no aire.






2º. desta vez o globo tiña unha pequena trampa 😈 dentro tiña unha bóla que facía imposible controlalo para poder tirar unha pequena torre de botes.









3º. Agora a dificultade residía en manter un globo entre as pernas d@s xogador@s mentres se facían cóxegas entre eles e elas, ao que lle escapase o globo ou lle rebentase quedaba eliminad@.🎈









CARREIRA DE SACOS!!!

Cuns sacos, creatividade para decoralos e con moita pericia só quedaba saltar a ver quen chegaba antes!!




TIRANDO  BOLOS!!

aproveitouse material de refugallo para tirar unha partida aos bolos, mirade 👀que chulos quedaron e que ben o pasamos!!