mércores, 22 de abril de 2020

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO








Hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A orixe desta celebración débese á data de falecemento de diferentes autores: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. A idea orixinal da celebración desta conmemoración propúxose en Cataluña coincidindo con San Jorge. É tradicional que os/as namorados/as e persoas queridas intercambien unha rosa e un libro.









A continuación déixovos un texto de Manuel Gago titulado titulado “Ler fainos únicos”.
Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós.

Como sabedes, a lectura é unha fonte de sabedoría e entretemento xenial. Os libros permítennos soñar espertos, vivir nun mundo de fantasías e ilusións. É por isto que vos recomendo a curtametraxe titulada Los fantásticos Libros Voladores” do Sr Morris Lessmore . Unha vez a miredes recomendádella aos vosos familiares e amigos/as, intentando que a lectura sexa unha forma de ocio cada vez máis estendida. Premede na imaxe para acceder a ela.

Para celebrar este día, propóñovos diferentes libros para que gocedes da súa lectura:

Ademais destes libros, como sabedes, nos diferentes blogs do colexio pendúranse continuamente ligazóns a para que teñades acceso a eles dende as vosas casas. No blog das nenas e nenos de 1.º, dispoñen dunha pequena biblioteca de aula virtual. Mirade na seguinte ligazón: https://nenosdeprimeiro.blogspot.com/p/sociais.html

Xa lestes os libros propostos?? As manualidades que vos suxiro a continuación son sobre o titulado Quiero ser como tú. Quen son as súas personaxes? Só o saberedes se lestes o libro!! Este é un requisito importante para facer as manualidades que veredes, paso a paso, nos seguintes vídeos (premede nas imaxes).
  • Elefante:


  • León:










  • Serpe:










Finalmente, déixovos uns vídeos onde vos explican paso a paso como facer uns marcapáxinas super creativos. Empregádeos para non perder o fío das historias que estades lendo.
Deixámosvos uns corazóns que nos envía Sofía de 3.º de Educación Primaria e que realizou en base á idea proposta coa canción "Un mismo corazón".



















Velaquí tedes un vídeo para que recordedes algunhas das lecturas compartidas no cole e para que os vosos compañeiros e compañeiras poidan ver algunhas das lecturas do confinamento.


Bo Día do Libro,
Fidalgo.











“Canto máis les, máis cousas saberás. Cantas máis cousas aprendidas, a máis lugares viaxarás” Dr. Seuss

Ningún comentario:

Publicar un comentario