mércores, 15 de abril de 2020

UN MESMO CORAZÓN


Bo día nenas e nenos!! Estas vacacións de Semana Santa tiven a sorte de escoitar a canción “Un mismo corazón” de Marta Sánchez. Coñecédela?? Convídovos a que a escoitedes porque, ademais, contribúe a unha boa causa: con cada descarga estaremos doando unha máscara. Premede na imaxe e accederedes a ela.

Coronavirus| Marta Sánchez presentó "Un mismo corazón" con la ...


Agora vouvos propoñer que lembredes algúns momentos que compartimos xunt@s no cole, como os talleres que realizamos para o Día dos Namorados onde faciades postais, corazóns de papiroflexia…

Intentade facer unha tarxeta para darlle a alguén especial cando saiamos do confinamento; a única condición é que ten que ter, polo menos, un corazón. O resto déixoo en mans da vosa creatividade e imaxinación. Aquí tedes unhas fotiños do taller do cole:





Tamén vos deixo uns vídeos para que fagades diferentes corazóns de papiroflexia. Ide premendo nas imaxes.



E aquí un vídeo en lembranza do taller de papiroflexia que fixemos no cole:

Mandádeme fotos ao correo, estarei encantado de velas!! 👀 A ver se entre tod@s conseguimos encher este blog de corazóns, de palabras fermosas que seguro nos sacarán un sorriso nestes días tan complicados 💓💕💖💗💘💙💚💛💜💝💞💟

Un biquiño,
Fidalgo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario