Bo día!! Que tal a volta das vacacións? Agardo que ben
e que vos acordásedes de ler un pouco cada día.
Como sabedes, o 21 de marzo comezou a primavera,
unha estación máis solleira na que medran mooooitas plantas. A min encántanme
as plantas e a natureza! E a vós? A proposta que vos traio para hoxe vouna
chamar novas raíces. Adiviñades
de que trata?? Vouvos explicar o que tedes que facer.
Precisades:
- Unha cenoria.
- 4 escarvadentes.
- Un vaso.
- Un pouco de auga
Pasos:
- Cortade a punta dunha cenoria.
- Pinchade 4 escarvadentes ao seu arredor.
- Metédea nun vaso de auga de xeito que quede suspendida. Mirade a imaxe para facervos unha idea.
Agora a pensar: que acontecerá despois duns días?
Agardo as vosas respostas nos comentarios e imaxes/vídeos no correo electrónico (equipobibliosanluis@gmail.com). Publicareinas no blog para que os vosos compañeiros/as as vexan. Graciñas!!
Un saúdo,
Fidalgo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario