xoves, 2 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


 Archivo:HCA by Thora Hallager 1869.jpg - Wikipedia, la ...

Hoxe 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil, data de nacemento de Hans Christian Andersen. Sabedes quen é? Foi o escritor de contos que seguro que todos/as coñecedes: El patito feo, La sirenita, El soldadito de plomo, El sastrecillo valiente ou La reina de las nieves.

Con este motivo, propóñovos unha idea. Enviade ao correo electrónico da biblioteca (equipobibliosanluis@gmail.comfotos dos vosos libros favoritos. Colgareinas no blog para crear unha pequena biblioteca dixital, e se vexo algúns dos que non dispoñemos na biblioteca, avisarei ás vosas mestras e mestres para que os merquen para o cole. Que vos parece?? Agardamos os vosos libros favoritos!!!





Aproveito a ocasión para facervos dúas recomendacións:

Nas seguintes ligazóns tamén podedes acceder a diferentes libros de lectura que nos proporcionan algunhas editoriais. Moitas grazas!!

* La A aventurera
https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00332101_primeroscuentos_cast
* Lola Pimienta y el secuestrador de perros
https://issuu.com/anayainfantil/docs/los_descazadores_de_especies_perdidas_issuu
* El club de los Caníbales se zampa a don Quijote 


Emily Dickinson dicía que “para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro” así que animámosvos a facer unha maratón lectora coas vosas familias. Será unha proposta moi interesante para estes días que estamos na casa. Podedes facer unha pequena tenda de campaña ou refuxio que vos convide a ler tranquilamente. Agardamos fotos!! Deixámosvos uns exemplos:

Imaxes extraídas de internet

Por outra banda, hoxe tamén se celebra o Día Mundial do Autismo, polo que non podemos deixar sen incluír nesta entrada algunha recomendación de contos con pictogramas. Deixámosvos unha ligazón onde podedes acceder a algúns contos con pictogramas: http://www.kalandraka.com/es/autores/detalle/ficha/bata/ 

Ademais, na páxina web Aprendices visuales, podedes acceder a diferentes contos. Deixámosvos aquí dous deles.
 

Agardo que gocedes dunha boa lectura.

Un saúdo,
Fidalgo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario