xoves, 11 de xaneiro de 2024

Samaín e Magosto 2023.

Relacionado co proxecto anual "Canto sentimento" da biblioteca, os nen@s de infantil participamos no Samaín e Magosto sentindo e facendo sentir moitas emocións. Ollade o video, quizais poñamos en funcionamento tamén o voso emocionómetro ao ver como ambientamos o cole, metía medo!, ( personaxes misteriosos agochados detrás das ventanas, portas encantadas....) disfraces terroríficos.... Atrevédesvos?.
samaín e magosto de veronica

E ti, a que lle tes medo?.

E ti, a que lle tes medo?, ás pantasmas, á escuridade, á tormenta, ou quizais á zapatilla de mamá?. Ollade que retratos máis arrepiantes ao pensar naquelo ao que lle tiñamos medo.
A que lle tes medo. (Retratos arrepiantes). de veronica

24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O 24 de outubro celebrouse o día das Bibliotecas Escolares. Queredes saber o que fixemos ao longo do mes? Lecturas terroríficas contadas polas nosas familias. E por que, "terroríiiiificas"? porque, como moi ben sabedes, este curso o noso proxecto anual "Canto sentimento" relacíonase coas emocións, e a correspondente a este mes do Samaín foi o.... "MEDO". Moitas grazas familias pola vosa colaboración, sen vós non sería posible!
24 Outubro Día Bibliotecas Escolares de veronica

mércores, 10 de xaneiro de 2024