venres, 29 de novembro de 2019

Día internacional contra a violencia de xénero

As nenas e nenos de todo o cole cantamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, para celebrar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que celebramos o luns 25 de novembro.

Como podedes ver, signamos o seu retrouso para facer dela unha canción máis inclusiva.

Traballamos tamén a historia das irmás Mirabal, tres mulleres que foron asasinadas por opoñerse a unha ditadura aló polo ano 1960. Eran coñecidas como "As bolboretas", de aí que levemos ese colar. A partir de agora a entrada do cole é unha pequena exposición de bolboretas que agardamos voen libres coma todas as persoas. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos!