luns, 26 de outubro de 2026

APADRIÑAMENTOS LECTORES DE SAMAGOSTO

Esta semana a biblioteca da escola énchese de misterio, maxia e historias arrepiantes! 👻 En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, elixíronse libros para facer apadriñamentos lectores do Samagosto durante a Hora de Ler. As nenas e nenos maiores compartirán cos máis pequenos contos cheos de bruxas, criaturas misteriosas e aventuras sorprendentes 👺💀 Coa biblioteca ambientada, preparámonos para escoitar, imaxinar e deixarnos levar pola maxia das palabras 🎃

Asi que agora... Silencio! As historias espertan esta noite 🌙✨


Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos contacontos realizados durante a semana do Samaín. Estiveron de medo 😈😈 

COMEZAMOS O CAMIÑO!

Algo máxico está a piques de comezar na nosa biblioteca! Fidalgo, a nosa mascota, deixou nas nosas aulas unha carta moi especial 💌e convidounos a percorrer o Camiño de Santiago dun xeito diferente, seguindo as pegadas dos libros e a luz das perseidas💫

Comezamos así o Proxecto Documental Integrado (PDI) titulado "O camiño das estrelas" co que investigaremos, formularemos preguntas, buscaremos pistas e aprenderemos a seleccionar, comprender e contrastar información para descubrir os segredos do Camiño. Descubriremos lendas agochadas, lugares sorprendentes, tradicións cheas de maxia e historias que nos farán viaxar a lugares fermosos. Cada libro, cada aventura e cada conmemoración será unha lembranza deste percorrido compartido 💚 


O primeiro paso xa está dado... quen se apunta a investigar e camiñar con nós? 🥾🥾

LIBROS EN CAMIÑO

Desde a Bibliosanluís puxemos en marcha a actividade "Libros en camiño" grazas ás familias que quixeron compartir con nós libros que merecían unha segunda oportunidade. Distribuíronse por ciclos e as nenas e nenos tiveron a oportunidade de elixir aqueles que desexaban incorporar ás súas bibliotecas de aula para seguir compartindo novas aventuras, historias e descubrimentos 📖

Así, estes libros comezaron o camiño á procura de novos lectores/as. Porque os libros cando se comparten, multiplican a súa maxia! 🌟💫

martes, 13 de outubro de 2026

O OUTONO E O SAMAÍN CHEGAN Á BIBLIOTECA

Coa chegada do outono 🌰e a celebración do Samaín 🎃👻, a biblioteca escolar convértese nun espazo cheo de misterio, historias arrepiantes e lecturas para gozar desta época do ano. Preparamos unha exposición de libros na que podedes atopar contos de medo, lendas, historias de meigas e seres fantásticos, así como lecturas que nos achegan ás cores, aos cambios e á maxia do outono 🍂🐌

Convidámosvos a achegarvos á exposición, descubrir os títulos seleccionados e deixarvos sorprender polas historias que agochan as súas páxinas 📙 Unha oportunidade para compartir lecturas, espertar a curiosidade e celebrar esta estación tamén a través dos libros, porque na biblioteca o outono trae follas e o Samaín moitas historias que poñen os pelos de punta! 👺💀


GUÍA PARA O PRÉSTAMO DE LIBROS EN MEIGA

Para facilitar o funcionamento da nosa biblioteca escolar e o labor diario do profesorado, elaboramos un documento explicativo sobre como realizar o préstamo e a devolución de libros a través da plataforma Meiga. Nel, recóllense de xeito sinxelo e práctico, os pasos a seguir.

Unha biblioteca viva é unha biblioteca compartida, na que todos e todas sumamos para fomentar a lectura na nosa comunidade educativa 📖💚

xoves, 1 de outubro de 2026

A BIBLIOTECA ABRE NOS RECREOS

Atención, atención! Temos unha noticia!

As voces das nosas nenas e nenos xa o anunciaron hoxe pola megafonía e agora tamén volo contamos por aquí: a biblioteca está aberta nos recreos! 🚪

Dende hoxe, os recreos tamén son un momento para viaxar sen saír da escola, descubrir historias, coñecer personaxes, deixar voar a imaxinación e, por suposto, gozar dos libros 📖🌈✨

Dádelle ao play ▶️ e escoitade o anuncio que prepararon os nosos pequenos/as grandes locutores/as.

A biblioteca agarda por vós! 💚


luns, 15 de xuño de 2026

PDI ANUAL "SAN LUÍS INFORMA" OBXECTIVO 15 ODS: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES


 Para este último trimestre, Fidalgo propúxonos que investiguemos sobre o obxectivo 15 da ODS: ViDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES. Para iso, repartiu libros sobre a temáticas entre as diferentes clases.

O Obxectivo 15 pretende conservar a vida de ecosistemas terrestres. Busca protexer e restablecer os ecosistemas terrestres, xestionar de xeito sustentable os bosques, loitar contra a desertificación, deter e invertir a degradación das terras, e deter a pérdida de biodiversidade.
Os ecosistemas terrestres son vitais para soster a vida humana, pero o  mundo enfréntase a unha triple crise: o cambio climático, a contaminación a a perda de  biodiversidade.
Ao igual que nos anteriores trimestre repartimos as distintas áreas de investigación entre os distintos ciclos:
EI: O perigo do lume no bosque- A contaminación dos bosques- O hábitat e os alimentos.
1º ciclo de EP: Os beneficios dos bosques e das árbores.
2º ciclo de EP: Os ecosistemas e os animais en perigo de extinción.
3º ciclo de EP: Cambio climático: a desforestación e a pérdida de biodiversidade.




     



ecosistemas terrestres e animais en perigo de extinción de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO







xoves, 11 de xuño de 2026

RECOMENDACIÓN LECTORA

 



Queremos recomendarvos dende o noso club de lectura (Dragóns Lectores) o libro de Érica Esmorís: Esta é a miña historia e terás que crela.

Pulsando na imaxe do libro escoitaredes un podcast para coñecer un pouco máis do libro e para animarvos a que vos entren as ganas de lelo!


xoves, 28 de maio de 2026

XA TEMOS RADIO NO NOSO CENTRO!!!

Durante este curso instalamos unha radio no noso centro escolar grazas á dotación de materiais de Polos creativos e as mestras do centro estivemos formándonos para aprender a usala. 

Ao longo destas últimas semanas por fin puidemos gravar co alumnado.

Foi unha experiencia fantástica que queremos compartir con todos vós.

Pinchando nas fotos que aparecen a continuación poderedes escoitar os nosos podcasts.

Alumnado de 4º de educación infantil: QUE FAREMOS NAS VACACIÓNS?










Alumnado de 1º de educación primaria: COÑECE MÁIS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.



Alumnado de 4º de educación primaria: QUE SON AS ENFERMIDADES TROPICAIS DESATENDIDAS.


Alumnado de 6º de educación primaria: DESPEDIDA.

https://drive.google.com/file/d/1zC8JiVkRuN_9aABoYODd1FUvHiGgjLLD/view?usp=drive_link