mércores, 15 de novembro de 2017

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Velaquí tes un montón de ligazóns para aprender cales son os teus dereitos, e xogos para que non os esquezas.

sábado, 11 de novembro de 2017

INVESTIGAMOS MULLERES

Para facer o encargo de LibroFlax, temos aquí para investigar mulleres estes Symbaloos. No primeiro podes atopar a Guadi Galego, a Gloria Fuertes, a Wangari, a Rosalind Franklin e Emilia Pardo Bazán. E no segundo podes investigar a Rosalía de Castro, María Victoria Moreno, María Pita, Maruxa Mallo e Elizabeth Blackwell

luns, 6 de novembro de 2017

PREMIO NO CONCURSO DE TEATRO LIDO XOSÉ MANUEL EIRÍS

As Ovelliñas do San Luís Romero obtiveron un accésit no concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís coa súa obra O RABAÑO
Parabéns para todo o grupo.
Preme na imaxe e lerás a noticia na Voz de Galicia

E así de ben o fixeron


sábado, 4 de novembro de 2017

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

MAGOSTO E SAMAÍN

O día 31 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín. Non faltaron as comidas terroríficas, unha exposición de libros de medo, outra de cabazas, actividades de teatro lido na Biblioteca, unha exposición de froitos do outono, concurso de debuxos e relatos de medo, e a entrega de premios. Tamén, como non, as castañas asadas e degustación de comidas terroríficas

mércores, 1 de novembro de 2017

OUTUBRO , MES DO PEÓN

Dentro da programación proposta dende a Biblioteca para procurar a igualdade de xénero entre o alumnado está a promoción de xogos tradicionais ao longo do curso. Así este mes estivemos xogando ao peón no patio.

Teatro lido na Biblioteca

O día de Samaín celebramos a clasificación do grupo de teatro de 5 anos que interpretou a obra "O Rabaño" no concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís. E celebrámolo como mellor podiamos facelo: representándoa na biblioteca. Agora queda esperar a ver se conseguimos algún premio. Non podían ser menos o grupo de teatro Dorrevés, con Pel de Lúa e os sete ananiños.

luns, 23 de outubro de 2017

TEATRO LIDO

Participación no concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís co conto PEL DE LÚA E AS SETE ANANIÑAS, conto cooperativo realizado polo alumnado de 5º nivel

PEL DE LÚA E AS SETE ANANIÑAS from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

xoves, 12 de outubro de 2017

Quen ven sendo?

BiblioFlax encargoulle a cada grupo unha investigación arredor dunha muller.
Elas son:
  • 3 anos: GUADI GALEGO
  • 4 anos: GLORIA FUERTES
  • 5 anos: WANGARI
  • 1º nivel: ROSALIND FRANKLIN
  • 2º nivel: EMILIA PARDO BAZÁN
  • 3º A: ROSALÍA DE CASTRO
  • 3º B: MARÍA VICTORIA MORENO
  • 4º nivel: MARÍA PITA
  • 5º nivel: MARUXA MALLO
  • 6º nivel: ELIZABETH BLACK WELL 
  •    Para iso mandounos unha carta coma esta: 






NORMAS DA BIBLIOTECA

Na primeira semana tivemos unhas actividades de formación de usuarios, coas que lembramos as normas de uso da biblioteca

Comeza o empréstito

No mes de outubro comeza o empréstito ao alumnado. LibroFlax, a nosa mascota lémbranos que temos que coidar os libros

sábado, 16 de setembro de 2017

Educación Infantil. 1º Trimestre

Cun título un pouco diferente ao de primaria, pois chamámoslle ao proxecto COLORÍN COLORADO ESTE CONTO ESTÁ IGUALADO, propoñemos as seguintes actividades.
Breve descrición das actividades

Programación prevista dos contos:

Pódense consultar os recursos nos Symbaloos seguintes
Igualdade alumnado
Igualdade alumnado bis
Igualdade adultos
Igualdade adultos bis
Outras actividades para o trimestre:



Dende o blog irémosvos contando o que facemos.


Educación PRIMARIA. 1º TRIMESTRE

Velaquí a programación de actividades para o alumnado de Educación Primaria ao longo do primeiro trimestre e dentro do proxecto de promoción da igualdade de xénero que chamamos Cámbiache o conto e que quere ser o fío condutor da actividade da escola
Breve descrición das actividades:

A distribución dos contos será a seguinte:

Para levala a cabo temos moitos recursos e suxestións en dous Symbaloos que podes ver na marxe dereita do blog ou premendo nestes enlaces
Igualdade alumnado
Igualdade alumnado bis
Igualdade adultos
Igualdade adultos bis
Outras actividades para este trimestre:




De todas elas iremos dando conta no blog.

COMEZO DO CURSO

Comezamos o curso á espera de que sexa definitiva a concesión do PLAMBE  ao noso colexio, e poñémonos a organizar o proxecto proposto cando o solicitamos.
Denomínase para o alumnado de Primaria CÁMBIACHE O CONTO
e para o de Educación Infantil COLORÍN COLORADO ESTE CONTO ESTÁ IGUALADO.
O primeiro son cuestións de organización para o uso e atención da Biblioteca.
Aquí está o horario de uso da Biblioteca, que estará todos os luns na porta  para que o profesorado que o desexe reserve as sesións para realizar actividades dentro dela.
No seguinte horario constan as horas de atención á Biblioteca para o equipo e coordinadora.


Custom Glitter Text

venres, 9 de xuño de 2017

ANXO MOURE

Despois de todo un curso de traballo con O Carballo con Botas recibimos a visita de Anxo Moure que nos deixou engaiolados a pequen@s e grandes. Foi unha visita moi emotiva, na que gozamos das súas historias e da súa compaña. Grazas ao Concello e á AS-PG por proporcionarnos un día tan marabilloso. E GRAZAS ANXO!!!!!!

ANXO MOURE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

Recanto Relax

Empezamos tamén a facer recantos da biblioteca noutros espazos do colexio. Espazos que inviten a relaxarse, escoitar música, ler con tranquilidade..... Este é o primeiro recanto relax

Decoración nova na biblioteca

Pretendemos facer máis agradable o espazo da biblioteca, por iso nos esforzamos na súa decoración. Gústavos como vai quedando????

Carreta de libros

Aproveitando o bo tempo saímos ao patio cunha carreta de libros e revistas coas que gozamos de lectura relaxada ao aire libre.

LETRAS GALEGAS

Lectura compartida e colectiva de obras de Carlos Casares. Unha das súas obras é As Laranxas máis Laranxas de todas as Laranxas , así que despois das lectura agasalláronnos cun zume natural rico rico.....

domingo, 14 de maio de 2017

IGUALANDO CARBALLO

O alumnado de cuarto participou nun obradoiro sobre a igualdade de xénero dende o mes de marzo. Ao final participaron nun concurso de literatura, contando historias de vida de mulleres que coñezan. Aquí temos a entrega de premios e tamén as historias que escribiron

igualando Carballo from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

domingo, 7 de maio de 2017

CINETECA

Dende hai un mes temos sesións de cine na Biblioteca.
O Departamento de Orientación e o Equipo de Biblioteca organizaron unhas sesións con curtametraxes sobre o acoso escolar.
A última foi esta semana, na que vimos a curta O sandwich de Mariana e o rap de El Langui que se titula Se buscan valientes.
Foi moi divertido, porque tiñamos que mercar as entradas, para o que primeiro repartiron cartos, pero non a tod@s iguais (como a vida mesma), así que tiñamos que negociar entre nós para que nos invitase un amigo ou amiga, ou nos axudase a mercala. Coa entrada agasallábannos cun vaso con flocos de millo.
Foi unha curta moi interesante, que nos fixo reflexionar moito e participar no debate posterior.
Aquí hai un vídeo con todo o proceso, e tamén a curtametraxe e o rap, para volver velos cando queiramos

SESIÓNS DE CINE from Consuelo Alvarez Veira on Vimeo.

mércores, 3 de maio de 2017

ACTIVIDADE FRENÉTICA NA BIBLIOTECA

Estes días abriuse a biblioteca ao empréstito de libros. E tamén a outras actividades. Estase formando un grupo de alumnado para encargarse dos empréstitos e o mantemento da biblioteca. Aprendemos a forrar, a organizar actividades, e tamén montamos un Mercadillo de libros usados, con algúns froito do espurgo.