xoves, 30 de abril de 2020

POEMA "A CASA"

Bo día amigos e amigas dos libros!! Que tal estades? Hoxe é o último día desta semana pois mañá é festivo. Aquí estou un xoves máis para traervos un poema. Neste caso un titulado "A casa" e que pertence ao libro titulado O libro dos bicos de Xosé Luna Sanmartín.

A CASA
A casa é de amorodo.
A herba de papel.
A neve, algodón branco.
O bico, de mel.

A casa é de chocolate.
O campo de Van Gogh.
De fina seda, o río.
O bico de turrón.

A casa é de cereixas.
A aldea un primor.
O bico pousase paseniño.
Os soños ... soños son.

A casa é de canela.
De aloumiños, o corazón.
Os bicos de  cariño.
E o amor, de laranxa – limón.


Quen se anima a ilustrar o poema?? Enviádenos fotos e pendurareinas no blog. Estou desexando velas 😍😍

Un saudiño e boa ponte,
Fidalgo.





mércores, 29 de abril de 2020

UN POUCO DE ARTE

Bo día raparigos e raparigas! Que tal comezades este mércores?? Hoxe tráiovos unha adiviña, así que debedes darlle voltas e voltas ata que deades coa solución. Aquí vos vai:

Teño follas sen ser árbore,
fáloche sen ter voz,
se me abres non me queixo,
adiviña quen son eu.


Destes coa resposta?? Estou seguro de que sí. Se xa sabedes de que se trata, seredes quen de localizalo facilmente no seguinte cadro. Pola contra, observádeo con detemento para dar coa solución.


Se observastes con detemento e paciencia este cadro de Romero Britto, saberedes responder ás seguintes preguntas:
  • Que vedes?
  • É un home ou unha muller?
  • Que está facendo?
  • Está sentado ou de pé?
  • Está nunha cadeira ou nun sofá?
Se vos animades, intentade recrear o cadro e enviádenos fotos 📷📷 Estou desexando velas 😍😍

Un saúdo,
Fidalgo.





martes, 28 de abril de 2020

CONSTRÚE UN PLUVIÓMETRO

Bo martes!! Que tal estades?? Destes co resultado da pregunta de onte? Fostes quen de localizar a letra A no cadro de Giotto?? Estou seguro de que sí. Mirade mirade 👀👀 aquí está:



Agora que xa desvelei a resposta, explícovos o reto de hoxe. Imos construír un pluviómetro. Sabedes que é? É un instrumento que se emprega para recoller datos das precipitacións, é dicir, do que chove. Como vedes, estes días están un pouco pasados por auga así que, como se adoita dicir, esta actividade vén como anel ao dedo.

Para construílo, seguiredes estes pasos:

1. Quitade o tapón dunha botella de plástico e cortade a parte superior. Facede un funil dándolle a volta e pegádeo na outra parte con cinta adhesiva.

2. Colocade este pluviómetro caseiro no exterior da vosa casa, no xardín ou nunha fiestra. Poñédelle varias pedras ao redor para que non caia co vento.

3. A actividade comeza ao día seguinte. Mirade se hai auga. Se hai, medide a profundidade cunha regra e apuntade os cm. Logo tirade a auga e volvede deixar o pluviómetro onde estaba.

4. Cada día, durante unha semana e sempre á mesma hora, medide a profundidade da auga recollida e apuntádea nun diagrama. Déixovos un exemplo.


Así podedes rexistrar canto choveu cada día e analizar que día choveu máis, cal menos... Así como podedes traballar unidades de medida como os centímetros (cm).

Agardo que o poñades en práctica.

Un saúdo,
Fidalgo.



luns, 27 de abril de 2020

TAREFAS DE INGLÉS PARA 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Boa tarde! O profe César envía as seguintes tarefas de inglés para o alumnado de 6.º de Educación Primaria.


Bos días, velaí van os deberes de Inglés para esta semana; como dixen a semana pasada imos ir de relax, polo que non envío fichas, senón a explicación das páxinas de Internet que podedes visitar para repasar Inglés xogando.

Lembrade que xa as coñecedes, pero se algún xogo non vos soa intentade probalo lendo a explicación.

Ollo, tamén envío unha explicación de cómo podedes ter acceso a Oxford para poder ver e traballar cos dous libros de Inglés. Vai explicado nun documento word adxunto; ledeo ben e intentade entrar. Se hai algún problema contactade co tutor ou conmigo, dacordo?.




Por último: se visitades en google ONLINE LEARNING ZONE tedes actividades de Oxford para ver, escoitar e resolver. Envío 3 capturas de pantalla para indicarvos como facelo.





Aquí tedes a explicación dos xogos das dúas páxinas de Internet:

5 ENGLISH PC GAMES FOR PRIMARY (en GOOGLE)
+ 2º entrada: “fun english games for kidsIlearn english kids-british council” (sale un bicho azul con 1 mando)
Los nombres de los juegos salen en inglés o en español, según dónde se entre
balón arriba: le damos tantos toques como podamos con el pie
bola de nieve para santa: asoma por chimeneas= le lanzamos bolas sin darle al reno; cada vez que le damos conseguimos 1 letra para completar “merry christmas”
3  código secreto/secret code: NO es juego...
compra veloz: 1 señor explica, sale 1 lista (tb se oye) y le damos a GO para empezar. Sale el carro y vamos cogiendo (tocándolo) lo que les han pedido. NO FUNCIONA a veces en el cole
corre, santa: damos a teclas Z X C para salto, voltereta...y con ello evitamos chocar con obstáculos
crea tu monstruo: sale 1 maniquí y le vamos poniendo color, brazos...
crea tu animal peligroso: ídem 6
crea 1 cuento/comic striper: elegimos diferentes cosas (lugar, personaje,ogro...) y el PC crea 1 cuento=lo leemos
animal maker: creamos animal; leemos descripción y la siguen
10 cuenta regresiva de animales/animal countdown: debemos tocar los diferentes animales que salen por orden alfabético DIFÍCIL
11 cuenta regresiva del abc: debemos clickar en todas las letras del abecedario (por orden) antes de 30 segundos NO SE PUEDE JUGAR en el cole
12 gusano del libro/book warm: miramos la libreta que sale=vamos a por la letra por la que empieza el dibujo
13 mono mágico: NO es juego...
14 encuentra la cara: leemos descripción=probamos DIFÍCIL
15 fantasy run: elegimos un personaje y vamos esquivando o cogiendo cosas con teclas Z jump y X deslizarse
16 gánale al portero/beat the keeper: elegimos, entre 3 opciones, la correcta para meter gol al portero
17 haz juego con prendas de vestir/match the kit: elegimos, 1 a 1, cada casilla para decir cómo va vestido el jugador de fútbol
18 haz un héroe: elegimos complementos para un héroe
19 identificar mascota: ídem “encuentra cara” (14)
20 casa embrujada: decimos 1 pista de veo, veo... en las habitaciones y damos la 1º letra=hacemos click donde creemos que es
21 casa embrujada 2:
22 teddy: vestimos al oso
23 clean and green: ponemos cada cosa (basura) de la habitación en el contenedor corrrespondiente; hacemos click sobre el objeto, sale lo que es y otro click
24 mezclador de deportes/sport mixer: leen frases de la izquierda=vestimos a la niña
25 mezclador de empleos: NO deja jugar en el cole
26 prueba sobre la banda de animales: NO deja en el cole
27 rompecabezas de avena/porridge puzzle: lanzamos pastela los osos; si acertamos sale 1 letra hasta completar 1 palabra
28 school run: idem 15 con teclas Z X
29 road safety run: 1 perro corre y, con teclas Z X esquivamos cosas; si aguantamos 1 rato sin morir se nos hace 1 pregunta
 30 shot stopper: paramos goles tocando teclas 1 2 3  7 8 9 para que el portero se mueva
31 shot stopper 2: idem 30
32 story maker: elegimos personajes=el PC hace 1 historia (idem 8)
33 story maker 2: idem 8
34 suena divertido/sounds fun: NO
35 travesuras alfabeto: NO, hace falta audio
36 ubica dragón: descripción dragón (idem 14)
37 agita palabras: boggle, y tras crear palabra le damos a “enter” para comprobar si existe
38 cómo es el clima: difícil, ponemos el clima sobre el país correspondiente
39 cuánto cuesta esto: el nene pregunta eso y luego pulsamos las monedas necesarias para llegar a esa cantidad. NO, necesitamos audio
40 ¿qué hora es?: se muestra una hora y llevamos las manetas a esa hora

 6 DIGITAL DIALECTS
        (en GOOGLE, online games for learning english (ESL). Language digital dialects)
Es muy importante que elijamos lo que indico en cada juego para no usar el audio sino poder leer las palabras.
numbers 1-12: señala la flecha que marca el resultado correcto de 1 operación
numbers 13-20: ídem 1
numbers 0-100: ídem 1
vocabulary (dibujo bici): elegimos play 32 words-no audio; salen 4 palabras y 1 dibujo encima: hacemos click en la correcta
colours: elegimos text version= empieza juego, pide 1 color y debemos elegir el correcto de la esfera, que está dividida en 4 partes. Fácil
fruits: elegimos text; sale 1 lupa, pone 1 palabra y debemos hacer click en el dibujo que coincide con la palabra. Fácil
vocabulary (flor): ídem 4
animals: elegimos  play 33 words-no audio, ídem 7. Fácil
verbs infinitive: elegimos text, ídem 7
10 food: eligen text, ídem 6
11 clothes: pasan las prendas hasta 1 señora en 1 probador; sale flecha y tocamos la palabra (entre varias), que es la correcta.
12 tell the time: elegimos play only words: sale 1 hora (letra) y diferentes relojes; elegimos el correcto.

APUNTAMENTOS INGLÉS 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día! O profe César envíavos estes apuntamentos para aquelas nenas e nenos que teñen dúbidas á hora de facer as tarefas. Un saúdo!







ACTIVIDADES 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día!! O profe Jose envía estas tarefas para o alumnado de 6º de Educación Primaria correspondentes á semana do 27 de Abril ao 1 de Maio. Moito ánimo!!

AS LETRAS NA ARTE

Bo luns nenas e nenos!! Que tal a fin de semana? Estes días tiven a oportunidade de coñecer o libro titulado Las letras en el arte que nos convida á observación de cadros de forma divertida e nos cales se poden atopar as diferentes letras do abecedario.


Hoxe tráiovos un cadro coñecido como “Leyenda de San Francisco”. Observádeo detidamente que vos vou formular unha pregunta.

Seredes quen de localizar nel a letra A? Observade e analizade con detemento o cadro para dar con ela, mañá dareivos a resposta.

Sabedes quen pintou este cadro? A resposta é Giotto, un pintor, muralista, escultor e arquitecto italiano.

Seguro que puxestes todas as neuronas en funcionamento para dar coa solución. Agora déixovos un audiolibro para que vos relaxedes. Premede na imaxe para escoitalo.


Un saúdo,
Fidalgo.



sábado, 25 de abril de 2020

DENDE O 26 DE ABRIL OS/AS NENOS/AS PODERÁN SAÍR Á RÚA

O Concello de Carballo vén de publicar na súa páxina web unha breve Guía práctica para saír cos nen@s á rúa. Botádelle unha ollada para saír o máis protexidos posible e seguir a coidarse como o estamos facendo.


xoves, 23 de abril de 2020

ANÁLISE DE FOTOGRAFÍAS 4

Último día de análise de fotografías!! Velaquí vos deixo as derradeiras.




Agora que rematamos de analizar diferentes fotografías feitas a persoas lendo libros, deixámosvos un Symbaloo onde podedes acceder a diferentes páxinas sobre os fotógrafos/as que estivemos traballando.



Boa fin de semana,
Fidalgo.

EN MARCHA AS ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

Pouco a pouco están a chegar  imaxes vosas das actividades propostas para hoxe con motivo da celebración do Día do Libro. Mirade mirade, hai verdadeiras obras de arte!! 😍 Estes animais... case parecen de verdade, non si???

Tamén nos chegan mensaxes de ánimo con debuxos espectaculares 😊

Xoán de 6.º de Educación Infantil



















Diana de 6.º de Educación Primaria

Hugo G. de 5.º de Educación Infantil























Dani B. de 6.º de Educación Infantil






































mércores, 22 de abril de 2020

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO








Hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A orixe desta celebración débese á data de falecemento de diferentes autores: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. A idea orixinal da celebración desta conmemoración propúxose en Cataluña coincidindo con San Jorge. É tradicional que os/as namorados/as e persoas queridas intercambien unha rosa e un libro.









A continuación déixovos un texto de Manuel Gago titulado titulado “Ler fainos únicos”.
Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos. Todos, os que están e os que xa non están, atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín. E sempre, ás veces moitos anos despois, remata por saír, levando algo de nós.

Como sabedes, a lectura é unha fonte de sabedoría e entretemento xenial. Os libros permítennos soñar espertos, vivir nun mundo de fantasías e ilusións. É por isto que vos recomendo a curtametraxe titulada Los fantásticos Libros Voladores” do Sr Morris Lessmore . Unha vez a miredes recomendádella aos vosos familiares e amigos/as, intentando que a lectura sexa unha forma de ocio cada vez máis estendida. Premede na imaxe para acceder a ela.

Para celebrar este día, propóñovos diferentes libros para que gocedes da súa lectura:

Ademais destes libros, como sabedes, nos diferentes blogs do colexio pendúranse continuamente ligazóns a para que teñades acceso a eles dende as vosas casas. No blog das nenas e nenos de 1.º, dispoñen dunha pequena biblioteca de aula virtual. Mirade na seguinte ligazón: https://nenosdeprimeiro.blogspot.com/p/sociais.html

Xa lestes os libros propostos?? As manualidades que vos suxiro a continuación son sobre o titulado Quiero ser como tú. Quen son as súas personaxes? Só o saberedes se lestes o libro!! Este é un requisito importante para facer as manualidades que veredes, paso a paso, nos seguintes vídeos (premede nas imaxes).
  • Elefante:


  • León:










  • Serpe:










Finalmente, déixovos uns vídeos onde vos explican paso a paso como facer uns marcapáxinas super creativos. Empregádeos para non perder o fío das historias que estades lendo.
Deixámosvos uns corazóns que nos envía Sofía de 3.º de Educación Primaria e que realizou en base á idea proposta coa canción "Un mismo corazón".



















Velaquí tedes un vídeo para que recordedes algunhas das lecturas compartidas no cole e para que os vosos compañeiros e compañeiras poidan ver algunhas das lecturas do confinamento.


Bo Día do Libro,
Fidalgo.











“Canto máis les, máis cousas saberás. Cantas máis cousas aprendidas, a máis lugares viaxarás” Dr. Seuss