venres, 3 de abril de 2020

EL PUENTE



Bo día!! Chegamos á fin desta semana e veño propoñervos unha curtamentraxe titulada “El puente” que trata sobre a importancia da axuda. Nestes momentos seguro que estades a comprobar que a axuda, a colaboración e a unión entre todos/as é esencial. Premede na imaxe e poderedes acceder ao vídeo:
Cortos sobre valores. El Puente. ~ Una Pizca de Educación | Family ...
Imaxe extraída de https://unapizcadeeducacion.com/2017/05/02/cortos-sobre-valores-el-puente/

Que vos pareceu? Estou seguro de que vós axudades moito na vida diaria, tanto aos compañeiros/as que o precisan, como ás familias coas tarefas do fogar… Iso é moi importante!! 

“Se camiñas só irás máis rápido; se camiñas acompañado, chegarás máis lonxe” Proverbio chino.

Agora tocan vacacións de Semana Santa, unhas vacacións un tanto especiais e diferentes. Déixovos unha canción feita por diferentes artistas cunha mensaxe de unión fronte ao coronavirus. É unha versión moi fermosa e emocionante de “Resistiré”. Premede na imaxe para escoitala.


As vacacións duran ata o 13 de abril, mais atopámonos nunha situación un tanto incerta polo que debemos estar pendentes das instrucións que vaia dando o Goberno. Calquera cousiña que vaia sabendo xa vola comunico por aquí e os/as demais mestres/as nos outros blogs.

Boas vacacións, e lembrade que resistiremos e entre todos venceremos!! Non deixedes que o medo vos invada, temos que ser máis fortes que nunca!!

Ahhh!! E lembrade ler un pouco todos os días pois ler axúdanos a soñar e imaxinar espertos.

Moitos biquiños!!
Fidalgo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario