luns, 27 de abril de 2020

AS LETRAS NA ARTE

Bo luns nenas e nenos!! Que tal a fin de semana? Estes días tiven a oportunidade de coñecer o libro titulado Las letras en el arte que nos convida á observación de cadros de forma divertida e nos cales se poden atopar as diferentes letras do abecedario.


Hoxe tráiovos un cadro coñecido como “Leyenda de San Francisco”. Observádeo detidamente que vos vou formular unha pregunta.

Seredes quen de localizar nel a letra A? Observade e analizade con detemento o cadro para dar con ela, mañá dareivos a resposta.

Sabedes quen pintou este cadro? A resposta é Giotto, un pintor, muralista, escultor e arquitecto italiano.

Seguro que puxestes todas as neuronas en funcionamento para dar coa solución. Agora déixovos un audiolibro para que vos relaxedes. Premede na imaxe para escoitalo.


Un saúdo,
Fidalgo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario