xoves, 30 de outubro de 2025

CONTO COLECTIVO DE SANMAÍN

 Para Sanmaín Fidalgo propúxonos escribir un conto entre os nenos e as nenas de todo o colexio. Cada clase foi a encargada de inventar unha parte do conto tendo en conta a súa estrutura.

O resultado encántanos! Compartímolo con vós a continuación.



conto colectivo de sanmaín de CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO

luns, 20 de outubro de 2025

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O día 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares. Os alumnos e alumnas de 1º de educación primaria prepararon un telexornal especial para falar de que era para eles e elas a biblioteca e a continuación,  algunhas alumnas e alumnos do colexio nun reportaxe especial dende a biblioteca do centro comparten con nós o que máis lle gusta da súa biblioteca.

Poderedes ver o resultado no seguinte vídeo!


mércores, 15 de outubro de 2025

TEATRO LIDO: A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO"

 Un ano máis participamos no certame de Teatro Lido convocado polo concello de Carballo.

Nesta ocasión o alumnado de 4º de educación primaria participaron coa adaptación do libro "A cousa que máis doe do mundo de Paco Liván.

Invitámovos a que vexades o resultado. A nós parécenos que lles quedou espectacular!!!!!!!



O concello de Carballo agasallounos co seguinte regalo e diploma pola súa participación.




mércores, 1 de outubro de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Un ano máis empeza a andaina das nosas mochilas viaxeiras.

Este curso os libros das mochilas incluirán tamén libros relacionados co noso proxecto anual. 

Esta foi a carta que nos mandou Fidalgo onde explica detalladamente todo.


A continuación tedes a listaxe dos libros que inclúen todas as mochilas: