martes, 27 de decembro de 2022

Recomendacións de nadal

 Boas rapaces e rapazas!

Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para estas vacacións de Nadal! 

Esperamos que pasedes unhas boas vacacións e... vémonos á volta!

Relatos de nadal

 Boas rapaces e rapazas! 

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun concurso literario sobre contos e relatos de nadal. O xurado tivo moitas dificultades para poder elixir aos tres gañadores deste concurso... Noraboa a todos e todas por este excelente traballo! 


Facemos pizza caseira!

Boas rapaces e rapazas! 

O alumnado de 6º curso toma moi en serio o lema "Cóidome!" do noso PDI deste curso. Aproveitando que están de "visita" por Italia decidiron facer unha riquísima pizza caseira! 

Botádelle un ollo a boa pinta que tiñan!

luns, 26 de decembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego. Dende as aulas, as nenas e nenos comparten con todos nós pequenas mostras de como traballan aspectos científicos.

AULA 4.º EDUCACIÓN INFANTIL


AULA 5.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN INFANTIL

AULA 6.º EDUCACIÓN PRIMARIA

Grazas rapazada 💚

SAÍDA Á PANADARÍA PAN IGNACIO

Dende Educación Infantil chéganos un novo vídeo!! A comezos deste mes realizaron unha saída á Panadaría Pan Ignacio para participar nun obradoiro de elaboración de pan e pizza. Ollade este vídeo para ver que ben o pasaron  e canto aprenderon sobre os ingredientes usados, a súa orixe...😍

mércores, 21 de decembro de 2022

EN 6.º EI FAN COHETES SAUDABLES

Boa tarde a todos e a todas. Hoxe temos unha nova aportación para o PDI titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" da man do alumnado de 6.º de Educación Infantil. Moitas grazas!! 👏👏

Este trimestre estiveron a facer un proxecto sobre o universo titulado "Somos espaciais", ao longo do cal lles fun propoñendo diferentes misións. O último reto que deixei nas súas mans foi a elaboración de COHETES SAUDABLES. Ollade que boa pinta 😍😀

martes, 20 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Boas nenos e nenas! Como sabedes, o 3 de decembro foi o día internacional das persoas con discapacidade e no centro decidimos facer numerosas actividades para a súa conmemoración!

Comezamos cunha charla da man dos deportistas Iván  e Mila, uns verdadeiros campións!


A continuación fixemos catro recunchos ou estacións onde o alumnado puido realizar diferentes actividades relacionadas coa discapacidade. No primeiro o alumnado asistiu ao contacontos "Diferentes diferenzas", onde se reflexionou sobre as calidades individuais. No segundo recuncho visionamos tres curtas e, ademais, o alumnado puido gozar duns vasiños de froitas de tempada. O terceiro tivo lugar no ximnasio e os nenos/as participaron en xogos e practicaron deportes cos ollos tapados, agarrados a outro compañeiro/a... En último lugar, no cuarto recuncho, tomando como referencia a Milagros Cotelo, a rapazada fixo as súas creacións artísticas empregando soamente un pincel a súa boca! 
Mirade aquí un resumo de todas as actividades! Fantástico! 




domingo, 18 de decembro de 2022

A ORIXE DOS ALIMENTOS EN 4.º EI

Bo domingo a todos e a todas! A cativada semella seguir traballando moito sobre o noso proxecto anual titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos". Desta volta, as nenas e nenos de 3 aniños queren amosarnos o seu traballo sobre a orixe dos alimentos 😀

martes, 13 de decembro de 2022

Aceptas o reto?

Bos días a todos e todas!

Aquí vos deixamos o excelente traballo que todos/as realizáchedes durante esta semana para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero 💜 Quedou claro que non hai ningún reto que se vos resista!

Aula 4.º Educación Infantil


Aula 5º. Educación Infantil

Aula 6º. Educación Infantil


Aula 2º. Educación Primaria

Aula 4º. Educación Primaria

Aula 5º. Educación Primaria


Aula 6º. Educación Primaria

Excelente traballo!