Boas nenos e nenas! Como sabedes, o 3 de decembro foi o día internacional das persoas con discapacidade e no centro decidimos facer numerosas actividades para a súa conmemoración!
Comezamos cunha charla da man dos deportistas Iván e Mila, uns verdadeiros campións!
A continuación fixemos catro recunchos ou estacións onde o alumnado puido realizar diferentes actividades relacionadas coa discapacidade. No primeiro o alumnado asistiu ao contacontos "Diferentes diferenzas", onde se reflexionou sobre as calidades individuais. No segundo recuncho visionamos tres curtas e, ademais, o alumnado puido gozar duns vasiños de froitas de tempada. O terceiro tivo lugar no ximnasio e os nenos/as participaron en xogos e practicaron deportes cos ollos tapados, agarrados a outro compañeiro/a... En último lugar, no cuarto recuncho, tomando como referencia a Milagros Cotelo, a rapazada fixo as súas creacións artísticas empregando soamente un pincel a súa boca!
Mirade aquí un resumo de todas as actividades! Fantástico!
Ningún comentario:
Publicar un comentario